Skip to Content

Bibliotecas Escolares

INFORMACIÓN RELATIVA Á SEMIPRESENCIALIDADE

 

Ante as novas instrucións da Consellería, de obrigado cumprimento, relativas á supresión da semipresencialidade nos bacharelatos dos centros da nosa comunidade, informamos da nova situación:

Debido á necesidade de incorporar de maneira presencial ao 100% do alumnado de Bacharelato, e despois de valorar distintas opcións, procederemos a unha reubicación das aulas do noso centro co fin de garantir da mellor maneira posible as medidas hixiénico sanitarias establecidas nos diferentes protocolos da Xunta. Para iso empregaremos un sistema de mamparas de xeito que non sexa preciso unha para cada alumno/a (como xa temos noutras aulas) que dea saída á nova situación.

Proximamente informaremos a través da páxina web  do momento en que este novo cambio se faga efectivo.

 



fse+21-27

Plambe

Agueiro

Espazo Abalar

blog | by Dr. Radut