Skip to Content

Bibliotecas Escolares

O LUNS 25 DE MAIO COMEZAN AS CLASES VOLUNTARIAS PARA 2º BAC

O luns 25 ábrese o centro para o inicio das clases voluntarias para o alumnado de 2º BAC. O inicio das clases para o alumnado de diúrno será ás 9:00h, cun horario e reparto de aulas adaptado ás novas circunstancias.  O horario de 2º BAC de adultos segue igual.

 

INFORMACIÓN E NORMAS

·        Por razóns de limpeza só se utilizarán as aulas  001, 002  e as do 1º piso como aulas de referencia. As aula 108, 109, 110 e 111 estarán dispoñibles para desdobres. Tamén se utilizarán as aulas Multimedia I e II, taller de Tecnoloxía, aula de Debuxo  e  aula de Música.

 

Desdobre de aulas:

2º BAC A-1 : AULA 102  (Apelidos: de Ageitos a Méndez, ambos inclusive)2º BAC A-2 : AULA 101  (Apelidos: de Novo a Vilas, ambos inclusive)

2º BAC B-1 : AULA 106  (Apelidos: de Abad a Millán), ambos inclusive)2º BAC B-2 : AULA 107  (Apelidos: de Muñiz a Vidal, ambos inclusive)

2º BAC C-1 : AULA 113 (Apelidos: de Aliseda a González, ambos inclusive)2º BAC C-2 : AULA 112 (Apelidos: de Lema a Yáñez, ambos inclusive)

2º BAC D-1 /2º BAC ADULTOS A :  AULA 001 (Apelidos: de Barreiro a Olveira, ambos inclusive)

2º BAC D-2 /2º BAC ADULTOS B :  AULA 002 (Apelidos: de Otero a Vidal, ambos inclusive)

O alumnado de 2º BAC A subirá pola escaleira 1.

·      O alumnado de 2º BAC B subirá pola escaleira 2.

·      O alumnado de 2º BAC C subirá pola escaleira 3.

·     O alumnado de 2º BAC D queda na planta baixa.

 

HORARIOS:

Por motivos de operatividade o horario será só de mañá,  para non coincidir  co alumnado e profesorado de adultos, que cumprirán o seu horario ordinario.

A elaboración dos horarios responde a catro criterios fundamentais:

  • Obriga de atender os requerementos sanitarios, establecendo como ratio máxima 15 alumnos/as por aula, o que obriga a un desdobre de aulas, grupos e materias por horas intentando que, por razón de seguridade, sexa o profesor o que cambie de aula.
  • Necesidade de atender a unha asistencia potencial do 100% do alumnado, non sendo operativa unha organización baseada en cábalas sobre un número determinado de asistentes que poden mudar dunha hora a outra.
  • Garantir que todo o alumnado poida asistir a todas as materias.
  • Garantir a non simultaniedade de grupos para un mesmo profesor.

      O horario é unha adaptación ás necesidades actuais e non se contempla a carga lectiva total das diferentes materias; non obstante,  o profesorado que o precise terá á súa disposición aulas en horario de tarde para quedar co alumnado se o estima oportuno, sempre respectando o número máximo de alumnado por aula e as medidas hixiénicas establecidas.  ( Falar coa dirección para asignar aula ). 

·

 NORMAS SANITARIAS

  • Comprobar a temperatura nos domicilios.
  • Ao entrar no centro haberá que desinfectar as mans nos dispensadores que hai na entrada.
  • Cada alumn@ limpará a súa mesa e a súa cadeira cada vez que abandone a aula co material que aporta o centro a tal efecto.
  • O profesorado tamén desinfectará cada vez que abandone a aula a súa mesa, cadeira,  tirador da porta e material común empregado (ordenador, rato, mandos, etc).
  • Todas as aulas disporán dun dispensador de xel desinfectante,  papel e papeleira de pedal.
  • O alumnado e profesorado terá que traer a súa propia mascarilla que será de uso obrigatorio cando non se garantice a distancia de seguridade.
  • O horario das clases de adultos será o habitual.  (2º BAC AD A  Aula 001/2º BAC AD B Aula 002). Para os desdobres utilizaranse as clases do 1º piso.

 

 

 



fse+21-27

Plambe

Agueiro

Espazo Abalar

blog | by Dr. Radut