Skip to Content

XVI SEMANA CULTURAL IES Nº1

NORABOA A DANIEL ABAD, GAÑADOR DO CONCURSO DO CARTEL DA XVI SEMANA CULTURAL.

ESTA SEMANA CONTAMOS CUNHA DIVERSA E VARIADA OFERTA CULTURAL. TEMOS DENDE UN OBRADOIRO DE REGUEIFAS A CASETAS DE EXPERIENCIAS, PASANDO POR OBRADOIROS DE PARKOUR.

ADXUNTAMOS O DÍPTICO DETALLADO.

 

Día Internacional da Lingua Materna

 

No IES N1 de Ribeira estamos moi orgullos@s da diversidade do alumnado do noso centro. Por iso, desde o EDLG, aproveitamos a celebración do Día Internacional da Lingua Materna para darlle visibilidade ás linguas que falan algúns dos nosos alumnos e alumnas.

Intercambio IES Nº 1 Ribeira - Paulus Praetorius de Bernau bei Berlin 2019-2020

19 alumnos e alumnas do noso centro viaxaron á cidade de Bernau na semana do 10 ao 16 de febrero para participar na segunda fase do intercambio có instituto alemán Paulus Praetorius de Bernau bei Berlín . Na primeira fase do intercambio e que tivo lugar en outubro, o noso alumnado acolleu nas súas casas ós alumnos e alumnas alemans e foron parte da vida escolar do IES N1. Nesta semana en Bernau o noso alumnado acompañou ós alemans ás súas clases e visitou lugares emblemáticos de Alemania 

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Para celebrar o Día da Muller e da Nena na Ciencia, o alumnado de 1º ESO elaborou para a materia de Matemáticas, coa colaboración de Lingua Galega e o EDLG, biografías de mulleres destacadas neste campo a nivel mundial en calquera época histórica.

Celebración do Día de Castelao

O pasado 28 de xaneiro visitamos o CEIP de Palmeira para conmemorar o Día de Castelao. Algunhas das nosas colaboradoras contáronlle contos de Cousas e Retrincos ao alumnado de sexto de primaria. Coma todos os anos, unha experiencia moi grata para todos, voltaremos!

RECICLAXE DE BÓLAS DE DESODORIZANTES

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Rematado o prazo de entrega das fotografías, en breve os inscritos na Olimpíada saberán as súas puntuacións.

X OLIMPÍADA MATEMÁTICA

Club de lectura

       

Esta semana temos dúas xuntanzas dos clubs de lectura. Comezamos hoxe luns co club do alumnado de 3º ESO, 4º ESO e Bacharelato e dedicaremos a sesión a falar de Os días felices de Benvido Seixas de Eduard Velasco.

Distribuir contido


Eventos

« Agosto 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31
by Dr. Radut