Un ano máis, o IES nº1 está a celebrar a súa Semana Cultural. Ofrécense moitas e variadas actividades: obradoiros, charlas experimentos, saídas culturais, mercadillo... Bota unha ollada!
O martes 19 de marzo de 2024 ábrese o prazo para a solicitude de Bolsas e Axudas do Ministerio de Educación. O prazo pecharase o día 10 de maio ás 15:00. A solicitude faise 100% online. Para mais información, podedes pasar polo departamento de Orientación.
O pasado venres 23 de febreiro Andrea Arevalillo Lampón, alumna de 2º de bacharelato, foi ata Vigo para participar na Fase Galega da XIX Olimpiada de Bioloxía. Desfrutou moito da xornada e demostrou os seus coñecementos teóricos e prácticos de Bioloxía.
Atópase aberto o prazo de inscripción ás probas de acceso aos ciclos medios (do 26 de febreiro ao 8 de marzo). Máis información no documento adxunto ou no departamento de Orientación.
O alumnado de Intelixencia Artificial para a Sociedade estivo a crear uns calendarios para o próximo ano 2024. Empregáronse aplicacións de IA para xerar imaxes e, nalgún caso, textos. Aquí tedes o calendario creado a partir dos traballos de cada grupo: