Skip to Content

Espazo Abalar

 

 No Espazo Abalar pode acceder aos contidos da plataforma educativa destinados ás familias. Poderán mesmo acceder aos datos do alumnado: faltas, cualificacións, etc, de maneira inmediata. 


Acceso desde o teléfono móbil

 

Poderán acceder dende o seu teléfono móbil. abalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tableta, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos/as a través destes dispositivos.

As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
• Acceder aos datos persoais.
• Consultar as cualificacións.
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia.
• Consultar as faltas de conduta.
• Solicitar unha cita de titoría.
• Consultar os datos do centro educativo.
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado.
• Modificar o idioma da aplicación.
 
 

Descargue a aplicación en Google play ou App store

Google Play   App store
 


page | by Dr. Radut