Skip to Content

WINK

CAMIÑO A ESCOCIA

Xa se achegan as datas para a primeira mobilidade na que profesorado dos distintos centros que participan no proxecto, se formarán en destrezas orais en inglés e no que observarán o funcionamento de centros escoceses. Tamén se procurará facer contactos para a participación dos centros en futuros proxectos internacionais.

O pasado xoves 3 de outubro as persoas participantes tiveron unha reunión no CAFI en Santiago de Compostela, para preparar a mobilidade.

CLICK AND CLIL: Á procura da chiscadela (WINK)

WINK é un proxecto Erasmus+ KA1 no que participan un consorcio dos centros educativos da comarca de Ordes e coordinado polo CAFI, no que participan:

  • CAFI
  • CEIP Mesón do Vento
  • CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
  • CRA de Oroso
  • IES Ordes
  • IES Plurilingüe Maruxa Maio

Este programa cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea, ten como obxectivo xeral mellorar a competencia lingüistica do profesorado en inglés e explorar/mellorar a metodoloxía CLIL. Os obxectivos finas do proxecto son:

a. Mellora da competencia lingüística do profesorado.

b. Internacionalización do centro educativo.

c. Profesorado máis formado (achegamento CLIL, sistemas educativos doutros países,plataforma eTwinning, etc).

d. Tecer redes (entre os centros galegos pero tamén a nivel internacional).

e. Crear un produto útil para os centros que teña sostibilidade no tempo

Distribuir contido


by Dr. Radut