Latín

Criterios de cualificación - Latín

ASISTENCIA AOS IV LUDI COMPOSTELLANI

O 22 de xaneiro o alumnado de Latín de 4º ESO máis o de Cultura Clásica de 3º ESO asistiron aos IV LUDI COMPOSTELLANI na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.

Na primeira parte da mañá celebráronse distintos obradoiros sobre a vida e a cultura romanas. O noso alumnado aisitiu a dous obradoiros: O dos ludi romani, xogos de infancia romanos, e o da gastronomía romana.

Na segunda parte, asistiron a una conferencia impartida polo profesor Lillo, eminencia nos estudos clásicos, sobre a vida dos lexionarios romanos. Para ilustrarla fíxose acompañar da asociación FALCATA de Vigo que demostrou in situ, con vestimenta e armas reais, diferentes tácticas de ataque e defensa das lexións romanas.

Por último, aínda tivemos tempo de facérmonos una tatuaxe cun lema en grego ou latín e posar para a foto cos “lexionarios” da FALCATA.

 

 

Distribuir contido