Educación física, Novas Educación Física, Traballos Alumnos Edu. Fis. |
O martes 23 de maio o alumnado do noso centro participou nunha xornada deportiva escolar de bádminton con centros da comarca no pavillón Coto Ferreiro da Estrada dentro do programa XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar). |
|||
O Colexio de Educación Física e Deportiva estableceu o Día da Educación Física na rúa para facer visible a súa importancia e reclamar máis peso da materia no horario lectivo. A Estrada, que levaba uns anos celebrando a cita en pequeno formato, saíu este martes 25 á rúa ao grande. A xornada estivo organizada pola Agrupación Deporte Escolar e nela participaron máis de catrocentos alumnos e alumnas de todos os colexios e institutos da Estrada. Despois da cita da Coruña, a da Estrada foi a máis masiva de Galicia. |
|||
O pasado 12 de xaneiro celebrouse na Estrada o Campionato zonal de Campo a través, no que participaron alumnos e alumnas dos centros de secundaria e de primaria da Estrada (IES Nº1, García Barros, Virxe de Lourdes , Cabada Vázquez, Villar Paramá, CEIP de Oca, CEIP do Foxo, Pérez Viondi e CEIP de Figueroa), de Cuntis (Don Aurelio), de Moraña (Santa Lucía) e de Valga (Ferro Couselo). A proba foi organizada polo Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra, coa iniciativa da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. O alumnado do IES Nº1 participou nas categorías infantil e cadete, tanto masculino como feminino, conseguindo un total de 3 medallas e 7 diplomas. Parabéns a todos e todas! |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
COMEZ A LIGA INTERNA DE FÚTBOL. A CONTINUACIÓN TENDES OS EQUIPOS INSCRITOS PARA XOGAR A LIGA NOS RECREOS 3º - 4º E. S. O. |
|||
01/10/2012 19:16
09/10/2012 19:16
|
|||
|
|||
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR QUE SE REALIZA NOS RECREOS.
NO ADXUNTO TEMOS OS NOMES DOS EQUIPOS E OS CUADROS COS PARTIDOS GANADOS
A CONTINUACIÓN TENDES OS PARTIDOS DA VINDEIRA SEMANA 3º - 4º E. S. O. 1º - 2º E. S. O.
|
|||