Magosto e Samaín

O pasado mércores, día 31 de outubro, celebramos estas dúas festas tradicionais, en colaboración co departamento de actividades extraescolares, o departamento de orientación e o EDL.

Na cafetaría e na biblioteca, “terriblemente” decoradas para a ocasión, desenvolvéronse actividades de contacontos de medo. Parabéns a todos os rapaces e rapazas que nos fixestes gozar das terroríficas historias que nos contastes!

Ademais, entregamos os premios dos concursos convocados pola Biblioteca: concurso de receitas de cociña con cabaza e/ou castaña, concurso de microrrelatos de terror e concurso de decoración de cabazas. Parabéns pola vosa participación e, sobre todo, aos gañadores e gañadoras, que nesta ocasión resultaron ser:

Ø  Saúl Neira, de 3º B

Ø  Soledad Chedas, de 1º A

Ø  Uxía Paramá, de 1º B

Finalmente, puidemos desfrutar da  festa do magosto, coa degustación das deliciosas castañas asadas e, como non, cos tradicionais xogos populares preparados polo alumnado de 4º.

Graciñas tamén a Jano, que cámara en man vai retratando todo o que ve, para que agora poidamos rir ao ver as asustadísimas caras de algúns e algunhas de nós!

 

 

18-19 samain  (12)

 

 

 

18-19 magosto  (33)