Skip to Content

Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Idioma extranxeiro

CLUB DE DEBATE

CLUB DE DEBATE: "VIVIMOS NUN SISTEMA CORRUPTO"

 O sábado día 7 de marzo tivo lugar en Pontevedra a edición 2015 do Club de Debate ao que asistiu  o equip do IES Nº1 Carballiño,  integrado por Nazaret Pedrouzo González, Héctor López Lorenzo, Manuel Vázquez Augusto e Víctor Xesús Barreiro Domínguez e dirixido polas profesoras, Dona Ana Lousado Duro e Dona Nieves Abelleira Gómez. Participaron tamén IES A Xunqueira 1, IES Luís Seoane, IES Valle Inclán, e IES de Ponte Caldelas. Parabéns a todos polo traballo, esforzo e tempo adicados e sorte para a final que se vai celebrar en Carballo o 26 de abril.

 

EU SON ROSALÍA

Concurso escolar de recitado de poesía “Rosalía sempre viva”

 O sábado 21 de febreiro tivo lugar na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei o concurso escolar de recitado de poesía "Rosalía sempre viva", no que participaron tres alumnos do noso Centro:

  • Ana Ross Castro Janeiro
  • Esteban Decabo Nogueira.
  • Nazaret Pedrouzo González.

 

CONCERTO, VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA E VIAXE A LUGO

O día 21 de Novembro realizáronse no IES Nº1 do Carballiño múltiples actividades. Por unha banda o alumnado de 3º da ESO realizou unha viaxe a Santiago de Compostela coa finalidade de asistir a un Concerto Didáctico no Auditorio de Galicia. Posteriormente desprazáronse ata a sé do Parlamento Autonómico para coñecer de primeira man as instalacións e as actividades do maior órgano representativo da comunidade autónoma. A actividade foi organizada polos Departamentos de Música e Ciencias Sociais e o alumnado estivo acompañado polas profesoras Ana Rivera, Nieves Abelleira e Mª Carmen Hernández Castejón.

 

 

 

Por outra banda os alumnos/as de 1º da ESO trasladáronse á cidade de Lugo para realizar unha actividade no Rutas Literarias polo Museo Provincial de Lugo. Organizou esta viaxe o Departamento de Lingua Galega e Literatura e foron acompañados por Ana Lousado, Celso Fernández e Marían Rodríguez. 

 

 

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: VÉRTIGO de Víctor Barro

 

 

Grazas á Asociación fotográfica Os Potiños tivemos a oportunidade de recibir o 18 de Novembro no IES Nº1 do Carballiño a Exposición Vértigo, dentro das actividades do Outono Fotográfico.

 

 

Víctor Barro, alpinista, escalador, e militante ecolóxico, realiza imaxes cheas de emoción denunciando agresións ao ambiente e aos dereitos humanos. Mostrando persoas que perseguen os seus soños. É autor de varias exposicións sobre alpinismo e colabora con revistas e publicacións especializadas.

 

 

A exposición presenta fotografías feitas nos Dolomitas italianos onde tres escaladores galegos se enfrontan á gravidade, pero sobre todo aos seus propios medos. Relato de amizades e compañeirismo, de superación e de busca do máis segredo que cada un de nós garda dentro de si mesmo e que parece darnos superpoderes cando a situación nos pon ao límite. Ese é o lugar onde acontecen as cousas realmente importantes, onde nos facemos mellores.

 

 

 

 

Non hai agasallo maior que pór a confianza na man de quen suxeita a corda que é como o fío do que pende a túa vida. Un fío que nos une irremediablemente ao outro e que constrúe relacións imperecedeiras.

 

 

 

 

 

NOVEMBRO: MES DA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ao longo de todo o mes de novembro o IES Nº1 do Carballiño leva a cabo actividades que tentan contribuír á prevención da violencia contra as mulleres.

Para ilustrar a temática o IES Nº1 pretendeu facer visible a magnitude desta traxedia colocando dous paneis cos datos reais das vítimas de violencia de xénero deste ano 2014. Son un total de 50 vítimas  que por desgracia e previsiblemente aumentarán ata final de ano.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como vén sendo habitual, nesta e noutras temáticas, o IES Nº1 do Carballiño conta coa inestimable colaboración de organismos como a Cruz Vermella  e a Concellería de

Igualdade e Benestar para poder levar adiante programas e actividades que permitan concienciar ao seu alumnado sobra a importancia de educar en igualdade e previr deste xeito o maltrato contra as mulleres.

 

 

O voluntariado da Cruz Vermella realizou o día 12 de novembro dinámicas sobre prevención da violencia de xénero destinadas ao alumnado de 2º da ESO. A partir do mes de xaneiro o IES Nº1 acollerá varios obradoiros de prevención de violencia de xenero organizados pola Concellería de Igualdade e Benestar que irán destinados ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO e que se prolongarán ata o mes de abril. 

Propóñense ademais outras actividades para realizar nas titorías: guías para profesorado e alumnado, vídeos e documentais sobre o tema, etc.

 

GAÑADORES DO CONCURSO DE CABAZAS 2014

 

 

Celebramos este curso o tradicional Concurso de cabazas do Samaín  durante os días 28, 29 e 30 de outubro. 

 

 

 

 

O xurado estivo formado por Ana Begoña Rodríguez Dacosta e Desi Rey en representación do Persoal non docente, Alberto González González, profesor de inglés e  gran especialista en Halloween e  Mireya Quiroga Fernández, alumna de 1º ESO B.

 

 

 

 

 

 

A  relación de alumnos/as participantes coas súas puntuacións respectivas foi a seguinte.

  1. Adrián López López (1º ESO A):  28,5 puntos 
  2. Marta Fernández Soto (1º ESO B): 10 puntos
  3. Valeria Mosquera Costoyas (1º ESO B): 7,5 puntos
  4. José Ignacio Fontaíñas (1º ESO A): 15,5 puntos
  5. Fernando Fontaíñas (1º ESO A): 10,5 puntos
  6. Lucía Barrosa Godoy (2º ESO B): 12 puntos
  7. Ilía López Vázquez (2º ESO B):  24 puntos
  8. Gema Barrosa Godoy (2º ESO B): 10 puntos
  9. Sara González Marchena (1º ESO B): 8,5 puntos
  10. Manuel González Mosquera (1º ESO B): 18 puntos
  11. Manuel González Coca (1º ESO B): 11,5 puntos
  12. Uxía Vázquez Lorenzo (2º ESO B):  23 puntos
  13. Rebeca Romero López (1º ESO A) e Laura Pinal Penedo (1º ESO A):  22,5 puntos

De todo isto resultan os seguintes premiados:

 

1º PREMIO

 

 

Nº1-Adrián López López (1º ESO A) con 28,5 puntos

 

2º PREMIO

 

 

 

 

Nº7-Ilía López Vázquez (2º ESO B)  con  24 puntos

 

3º PREMIO

  

 

 

 

Nº12 -Uxía Vázquez Lorenzo (2º ESO B) con  23 puntos

 

 

PARABÉNS AOS GAÑADORES E ÁNIMO A TODOS OS PARTICIPANTES,  A SEGUIR CONCURSANDO!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut