Skip to Content

PAU

INSTRUCIÓNS DE ABAU

Información e indicacións a seguir para o bo desenvolvemento das probas.

 

  • A sede da comisión está localizada no IES Manuel Chamoso Lamas de O Carballiño, concretamente na aula 2
  • A realización das probas levarase a cabo no pavillón do citado instituto.
  • A constitución da comisión terá lugar o luns 6 de xullo as 18:00 no salón de actos do IES Manuel Chamoso Lamas. A entrada para os representantes de centro estará habilitada pola porta situada no aparcamento de profesorado. (ver imaxe adxunta)
  • O martes 7 de xullo comenzarán as probas. Para facer unha entrada gradual ao pavillón o horario de chamada de estudantes por centros será:
  • A entrada ao recinto para os estudantes farase polo portal de acceso as pistas deportivas exteriores (ver imaxe adxunta). Haberá zonas diferenciadas para cada un dos institutos, os estudantes de cada centro colocaranse na sua zona respectiva.
    • 9:00: IES Manuel Chamoso Lamas
    • 9:05: IES Nº 1 do Carballiño
    • 9:15: IES O Ribeiro
  • Para axilizar todo o proceso, pregamos que os estudantes se vaian colocando en fila por orde alfabética, mantendo a distancia de seguridade e que só teñan na man o DNI e un bolígrafo (o resto deberíano ter gardado nas súas mochilas ou bolsos).
  • Os alumnos teñen que esperar a ser chamados polos vogais da comisión.
  • Os estudantes acudirán a realización das probas coa súa propia mascarilla e terán que estar con ela durante a realización das probas.
  • Unha vez finalizada cada proba os estudantes deberán saír do centro polas pistas deportivas onde deberán seguir mantendo a distancia de seguridade.
  • Para o comenzo de cada un dos exames os estudantes deberán dirixirse a entrada do pavillón cunha antelación mínima de 10 minutos, colocándose en fila e mantendo a distancia de seguridade.
  • Haberá que subir e baixar escaleiras, se algún estudante ten dificultade para o acceso que nolo comunique o representante de centro o día da constitución da comisión.
  • Os estudantes con diversidade funcional ou necesidades específicas NON realizará as probas nesta comisión, farao nas dependencias que a CIUG lle haxa notificado.

 

PAU CONVOCATORIA DE XUÑO 2015

Bases, Matrícula e Horarios de PAU

CALENDARIO XERAL ABAU 2019

MELLORES EXPEDIENTES ABAU DE GALICIA 2017

 

CINCO ESTUDANTES DO IES Nº1 DO CARBALLIÑO RECIBEN O RECOÑECEMENTO DA UNIVERSIDADE DE SANTIGO COMO INTEGRANTES DO MELLOR ALUMNADO GALEGO NO ACTUAL CURSO 2017-18.

 

As alumnas, Carlota Álvarez Feijoo, Rita Tizón González, Noelia Trigás Nogueira e  Marta López Gil, e o alumno, Miguel García Fernández,  foron distinguidos por teren acadado unha nota media superior a 9 entre o bacharelato e a fase xeral da proba de Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade. O acto, que tivo lugar onte no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, estivo presidido polo reitor da USC, Antonio López, e mais polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quen fixeron fincapé na importancia da educación e da formación na sociedade actual pois só a través destas se pode romper a barreira das desigualdades, poñendo especial énfase na defensa do ensino público e na igualdade de oportunidades.

Distribuir contido


by Dr. Radut