|
CINCO ESTUDANTES DO IES Nº1 DO CARBALLIÑO RECIBEN O RECOÑECEMENTO DA UNIVERSIDADE DE SANTIGO COMO INTEGRANTES DO MELLOR ALUMNADO GALEGO NO ACTUAL CURSO 2017-18.
As alumnas, Carlota Álvarez Feijoo, Rita Tizón González, Noelia Trigás Nogueira e Marta López Gil, e o alumno, Miguel García Fernández, foron distinguidos por teren acadado unha nota media superior a 9 entre o bacharelato e a fase xeral da proba de Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade. O acto, que tivo lugar onte no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, estivo presidido polo reitor da USC, Antonio López, e mais polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quen fixeron fincapé na importancia da educación e da formación na sociedade actual pois só a través destas se pode romper a barreira das desigualdades, poñendo especial énfase na defensa do ensino público e na igualdade de oportunidades.
|
|