Skip to Content

INSTRUCIÓNS DE ABAU

Información e indicacións a seguir para o bo desenvolvemento das probas.

 

  • A sede da comisión está localizada no IES Manuel Chamoso Lamas de O Carballiño, concretamente na aula 2
  • A realización das probas levarase a cabo no pavillón do citado instituto.
  • A constitución da comisión terá lugar o luns 6 de xullo as 18:00 no salón de actos do IES Manuel Chamoso Lamas. A entrada para os representantes de centro estará habilitada pola porta situada no aparcamento de profesorado. (ver imaxe adxunta)
  • O martes 7 de xullo comenzarán as probas. Para facer unha entrada gradual ao pavillón o horario de chamada de estudantes por centros será:
  • A entrada ao recinto para os estudantes farase polo portal de acceso as pistas deportivas exteriores (ver imaxe adxunta). Haberá zonas diferenciadas para cada un dos institutos, os estudantes de cada centro colocaranse na sua zona respectiva.
    • 9:00: IES Manuel Chamoso Lamas
    • 9:05: IES Nº 1 do Carballiño
    • 9:15: IES O Ribeiro
  • Para axilizar todo o proceso, pregamos que os estudantes se vaian colocando en fila por orde alfabética, mantendo a distancia de seguridade e que só teñan na man o DNI e un bolígrafo (o resto deberíano ter gardado nas súas mochilas ou bolsos).
  • Os alumnos teñen que esperar a ser chamados polos vogais da comisión.
  • Os estudantes acudirán a realización das probas coa súa propia mascarilla e terán que estar con ela durante a realización das probas.
  • Unha vez finalizada cada proba os estudantes deberán saír do centro polas pistas deportivas onde deberán seguir mantendo a distancia de seguridade.
  • Para o comenzo de cada un dos exames os estudantes deberán dirixirse a entrada do pavillón cunha antelación mínima de 10 minutos, colocándose en fila e mantendo a distancia de seguridade.
  • Haberá que subir e baixar escaleiras, se algún estudante ten dificultade para o acceso que nolo comunique o representante de centro o día da constitución da comisión.
  • Os estudantes con diversidade funcional ou necesidades específicas NON realizará as probas nesta comisión, farao nas dependencias que a CIUG lle haxa notificado.

 



page | by Dr. Radut