Skip to Content

Exa. Finais/Recuperación Maio

Formación lingüística en inglés para alumnado de ESO e Bacharelato

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS  2016

Enlace

NOVEMBRO: MES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO IES Nº1

 

ACTIVIDADES SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO- CURSO  2015-2016


Este curso iniciamos as actividades coa publicación dos datos das vítimas por violencia de xénero deste ano.  Queremos sacalas do anonimato, da fría estatística numérica e visibilizar a todas e cada unha delas, para que teñamos en conta que cada cifra agocha un nome, unha vida, unha familia, un agresor. Para iso colocamos os datos tomados da Plataforma cordobesa contra la violencia a las mujeres na entrada do centro, para que os números non impidan ver a realidade.

 

 

Convocamos ademais un Concurso de tuits contra a violencia de xénero, cuxas bases  son as seguintes:

1ª OBXECTIVOS

 O I Concurso de Tuits contra a violencia de xénero que ten por finalidade incrementar a concienciación e sensibilidade da comunidade educativa ante esta gran lacra social.

 2ª PARTICIPANTES

Poderán concorrer a este certame todos os/as alumnos/as do IES nº1 do Carballiño que o desexen, sen outra limitación que a aceptación destas bases.

3ª REQUISITOS

 Cada participante deberá poderá enviar un máximo de tres tuits que conteñan mensaxes, lemas ou expresións de repulsa contra a violencia de xénero. Enviaranse a través da rede social Twitter  a @ies1carba e a súa extensión máxima é de 140 caracteres.

Deberan incluír o hastag #n1contraaviolencia.

No corpo da mensaxe aparecerán os seguintes datos:

- Curso

- Número

 4ª RECEPCIÓN E IDENTIFICACIÓN

As persoas que presenten os seus tuits ao concurso serán responsables da orixinalidade e autoría dos mesmos. 
O prazo de envío dos tuits comprende desde o día de publicación destas bases ata o luns 30 de novembro. 

5ª PREMIOS

1º premio- 50 puntos

2º premio- 30 puntos

3ª premio- 20 puntos

 Só por participar, 10 puntos

6ª XURADO

 Emitirá o seu fallo o día 30 de novembro. Estará composto por membros da A.N.P.A., profesorado, persoal non docente e alumnos/as do centro.

A resolución do Xurado será inapelable e non estará suxeita  a reclamacións.

Os criterios de valoración para elixir á persoa gañadora serán: o contido e tratamento do tema, a orixinalidade e a capacidade de impacto da mensaxe. 

 O premio poderá ser declarado deserto e o fallo do xurado será inapelable. 

 A presentación dun tuit á presente convocatoria supón a aceptación plena das presentes bases. Calquera circunstancia non contemplada nas mesmas, será resolta polo xurado con carácter inapelable. 

 

PÁXINAS CON ACTIVIDADES  SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

Queremos propoñer ferramentas para traballar o tema nas titorías ou nalgunha outra materia. Inclúense aplicacións para smarphones coas que se pode chequear se as relacións amorosas son saudables. 

http://www.e-igualdad.net/iniciativas/banco-experiencias/violencia-genero

http://www.e-igualdad.net/iniciativas/banco-experiencias/violencia-g%C3%A9nero/autodiagn%C3%B3stico-relaciones-pareja-adolescentes-trav%C3%A9

 

http://enredatesinmachismo.com/

http://enredatesinmachismo.com/app-para-smartphones/

 

 CURTAMETRAXE “AMORES QUE MATAN”

http://www.nodo50.org/filosofem/spip.php?article60

 

 DOCUMENTAL SOBRE A  VIOLENCIA DE XÉNERO

 http://www.rtve.es/noticias/documentos-tv/reportajes/

http://www.rtve.es/noticias/documentos-tv/reportajes/mama-duermete-que-yo-vigilo/

 

PÁXINA DO STEG 

Con moitos recursos sobre o tema:

http://www.stegsindicato.org/muller/contidos.asp?cid=16&ssid=38

 

PÁXINA DE AI

 Moi interesante 

http://www.amnistiacatalunya.org/edu/humor/sole/index.html

 

PLATAFORMA 

Con moitas actividades e enlaces

http://artecontraviolenciadegenero.org/?p=2337

 

 

NOVAS AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

 

Requisitos:
1. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, edu­cación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públi­cos durante o curso escolar 2015/16, cando se atope nos supostos indicados no artigo 1.1 desta orde.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.


2. Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude.

3.  Lugar e prazo de presentación de solicitudes
a. As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alum­nado. Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocato­ria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.
b. As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexis­tros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es .
c. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Pode tamén recibir máis información nas oficinas de Secretaría do Centro.

 

OUTUBRO: MES DA ALIMENTACIÓN NO IES Nº1

Como todos os anos adicamos este mes de outubro á Alimentación Saudable. Trátase de favorecer a toma de conciencia a importancia que a alimentación ten en  relación á saúde e ao rendemento académico, fomentando o consumo de froitas e verduras entre o alumnado. Trataríase así mesmo de potenciar a realización de almorzos equilibrados, imprencindibles para un axeitado rendemento escolar e de traballar aspectos relacionados coa nutrición: pirámide alimenticia, prevención de sobrepeso e obesidade,  consumo responsable, etc.

Terá lugar a exposición de material informativo sobre alimentación: “Aliméntate mellor”, “O almorzo perfecto”.  Incluirase tamén material sobre alimentación para as titorías: Enlaces con xogos, actividades interactivas, dinámicas, etc., sobre alimentación saudable para realizar nas horas de titorías.

Levamos a cabo a campaña: "Coñeces o teu IMC?" na que o alumnado pode calcular partindo do seu peso e estatura o Índice de Masa corporal e comprobar se está situado dentro dos parámetros saudables.

E para rematar iniciamos o Concurso de fotografía sobre  froitas e verduras. Aquí están as Bases.

 

 BASES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: 

FROITAS E VERDURAS 2015

1ª OBXECTIVOS

O concurso enmárcase dentro das actividades do Mes da Alimentación Saudable.

Os obxectivos do concurso son concienciar ao alumnado da necesidade de incluír as froitas e verduras na dieta, fomentando hábitos nutricionais saudables  e desenvolver súa capacidade creativa. 

2ª PARTICIPANTES

Poderán concorrer a este certame todos os alumnos/as do IES nº1 do Carballiño que o desexen, sen outra limitación que a  aceptación destas bases.

3ª REQUISITOS DAS FOTOGRAFÍAS

Cada autor/a poderá presentar un máximo de tres fotografías, realizadas con cámara dixital ou teléfono móbil,  que sexan únicas e orixinais e que non teñan sido difundidas por ningún medio de comunicación con anterioridade. 

Poderán ser en branco e negro ou en cor.

Terán como tema central “Froitas e verduras”.  Trátase de fotografar dun xeito creativo e/ ou artístico exemplares de froitas e verduras, poñendo de manifesto a súa cor, textura, variedade, etc.

Non se admitirán fotomontaxes ou aquelas fotografías que sexan modificadas dixitalmente con aplicacións de retoque fotográfico salvo retoques de brillos, ton, contraste, etc... usados para mellorar a calidade da fotografía.

As fotografías pódense enviar en calquera formato jpg, gif, bmp,.. cunha resolución

mínima de 850 x 638 px e máxima de 1632 x 1224 px. e deberán ocupar entre 1 e 3 Mb de espazo.

 Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas ao autor/a ou que non sexan propiedade do/a mesmo/a.

Non se aceptarán obras que polo seu contido poidan ofender, ferir ou danar os dereitos, sentimentos e/ou crenzas de terceiros. Os organizadores presupoñen que o fotógrafo/a ten a autorización e/ ou permiso das persoas que aparecen nos traballos presentados, recaendo sobre o autor/a a responsabilidade relacionada co dereito á intimidade.

4ª ENVÍO DE FOTOGRAFÍAS

Enviaranse dous arquivos:

Nun arquivo: Incluirase a fotografía como documento adxunto, cun título e en lugar da sinatura debe aparecer un pseudónimo.

Noutro arquivo: Inclúese o mesmo pseudónimo e os datos de identificación do  concursante. Deberán indicarse:

- Datos completos do autor/a e pseudónimo. Curso e número.

- Título da fotografía.

- Lugar de realización da fotografía.

- Comentario (opcional).

- Correo electrónico.

Deberán  enviarse ao enderezo de correo estralotes@gmail.com

5ª RECEPCIÓN DE OBRAS

O prazo de admisión comenzará o día 6 de outubro de 2015 e rematará ás 12:00 horas do día 15 de outubro de 2015.

6ª EXPOSICIÓN DAS IMAXES

Unha vez que as fotografías sexan recibidas, analizaranse todas e cada unha delas antes de ser expostas nunha galería de fotos ligada á Web do instituto, polo que os concursantes asumen que as fotos poderían ser descargadas por calquera persoa. As imaxes poderán ser valoradas libremente polos visitantes da web, sen que isto presupoña un anticipo da decisión do xurado.

7ª PREMIOS

Os premios están aínda sen determinar.

Os premios serán indivisibles e poderán ser declarados desertos.

A entrega de premios terá lugar nun acto público que se anunciará previamente, coa presenza dos autores galardoados.

8ª XURADO

O Xurado estará composto por membros da A.N.P.A. e/ou profesorado e alumnos do centro.

A resolución  do Xurado será inapelable e non estará suxeita  a reclamacións.

9ª PUBLICACIÓN DAS OBRAS

As obras finalistas poderán ser publicadas na revista Portátil e/ou utilizarse para realizar unha exposición fotográfica no centro, citando sempre os seus autores.

Axudas material escolar ESO

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL

ESCOLAR EN ESO

 

Para máis información prema aquí ou pregunte nas oficinas de Secretaría do Centro.

 

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERÍA

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA DO IES Nº1

Aberto o proceso para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería do I.E.S. Nº 1 do Carballiño, comunícase a todos os interesados en participar no mesmo que o PRAZO para a presentación de ofertas empeza o día 13 de xullo e remata o día 27 de xullo, ámbos os dous incluídos.

Os licitadores que desexen tomar parte neste procedemento presentarán a documentación administrativa e técnica necesarIa a efectos de poder valorar a súa oferta.

O canón mínimo esixible pola explotación  e xestión do servizo de cafetería ascende ao importe de 340 €

Horario de apertura:

  • Luns 8:30 a 17:30
  • Martes, mércores xoves e venres: de 8:30 a 14:30.

 A correspondente documentación será entregada na Secretaría do Centro en horario de 10 a 13 h. de luns a venres.

 

                                          O Carballiño a 13 de xullo de 2015

 

 

  O Director

 

Manuel Amil Otero

 

Distribuir contido


by Dr. Radut