Skip to Content

Formación en linguas estranxeiras no ano 2019.

Publicadas as listaxes das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

 
 
Mar, 16/04/2019 - 14:35

Publicación das listaxes correspondentes ao establecido no artigo 17.1 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 20/02/2019).

 

Reserva de Praza e Admisión

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2019/2020

 
 
Xov, 31/01/2019 - 22:30

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2019 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 15 de febreiro, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso.

Normativa de aplicación

  •  DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 Anexo I: Formulario de reserva de praza

  • ADMISIÓN DE ALUMNADO
    • O prazo de solicitudes de admisión de Alumnado abranguerá do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos.
Para calquera dúbida pida información nas oficinas do Centro (telf. 988 788 985) ou visite a páxina web da
consellería: prema aquí.

CALENDARIO XERAL ABAU 2019

PREMIO ESO 2018

PREMIO EXTRAORDINARIO DA ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO

Daniel Fernández Filloy

MELLORES EXPEDIENTES ABAU DE GALICIA 2017

 

CINCO ESTUDANTES DO IES Nº1 DO CARBALLIÑO RECIBEN O RECOÑECEMENTO DA UNIVERSIDADE DE SANTIGO COMO INTEGRANTES DO MELLOR ALUMNADO GALEGO NO ACTUAL CURSO 2017-18.

 

As alumnas, Carlota Álvarez Feijoo, Rita Tizón González, Noelia Trigás Nogueira e  Marta López Gil, e o alumno, Miguel García Fernández,  foron distinguidos por teren acadado unha nota media superior a 9 entre o bacharelato e a fase xeral da proba de Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade. O acto, que tivo lugar onte no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, estivo presidido polo reitor da USC, Antonio López, e mais polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quen fixeron fincapé na importancia da educación e da formación na sociedade actual pois só a través destas se pode romper a barreira das desigualdades, poñendo especial énfase na defensa do ensino público e na igualdade de oportunidades.

Enxeñería. Portas Abertas

Distribuir contido


by Dr. Radut