Skip to Content

blogue deadmin

MES DE NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

MES DE NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

 

O mes de novembro no IES Nº1 do Carballiño estará adicado á prevención da violencia de xénero. E para traballar o tema iranse deselvonvendo ao longo do mes varias actividades coa colaboración de varios organismos e institucións:
  •  O martes día 12 de novembro ás 9:35 da mañá desenvolveuse o proxecto titulada "Sinerxias interxeracionais".A actividade pretende favorecer o achegamento e creación de sinerxias  interxeneracionais entre as mulleres do rural e a xuventude. Dignificando a figura das mulleres do rural e favorecendo a súa visibilidade. Participaron alumnos/as de 1º de Bacharelato B e C. coa temática " Do de antes e do de agora" na que contamos coa presenza de representantes de varias Asociacións de mulleres. Estiveron con nós:
    •  Mª del Carmen Lorenzo Trigás, Presidenta de Novas Vivenzas. 
    •  Olga González Fernández, Presidenta de A Revolta. 
    • Alicia González Barreiro, Dinamizadora social. 
  • A Cruz Vermella co seu voluntariado realizará algunhas dinámicas sobre o tema destinadas ao alumnado de 3º da ESO. 
  • A Concellería de Benestar e Servizos Sociais do Concello do Carballiño ten programada unha charla dirixida ao alumnado de 4º da ESO e varios obradoiros para 1º e 2º da ESO que se iniciarán en xaneiro e se prolongarán ata final de curso. 


 

MATRÍCULA SETEMBRO

DÍAS 2 E 3 DE SETEMBRO EXÁMENES DE MATERIAS PENDENTES.

 

DÍA 5

DE 9:00 A 10:00 H.  ENTREGA DE NOTAS EN SECRETARÍA AOS ALUMNOS DE 1º E 2º DE BACHARELATO

DE 10:00 A 11:00 H. PRAZO PARA QUE OS PROFESORES AMOSEN OS EXAMES AOS ALUMNOS DE BACHARELATO.

DE 9:00 A 11:00 H. ENTREGA DE NOTAS POLOS TITORES AOS ALUMNOS DE E.S.O. OS ALUMNOS DE 1º E 2º DEBERÁN IR ACOMPAÑADOS DOS SEUS PAIS OU REPRESENTANTES LEGAIS.

DE 11:00 A 12:00 H. PRAZO PARA QUE OS PROFESORES AMOSEN OS EXAMES AOS ALUMNOS DE ESO.

ATA AS 14:00 H. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS AOS DEPARTAMENTOS MEDIANTE INSTANCIA OFICIAL ESO E BACHARELATO. 

ATA AS 14:00 H. MATRÍCULA EXTRAORDINARIA.

 

DÍA 6 

ÁS 13:30 H. COMUNICACIÓN DA RESOLUCIÓN DOS DEPARTAMENTOS AOS ALUMNOS POR PARTE DA DIRECCIÓN.

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA EN HORARIO  8:30 A 14:00 H.

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NO VERÁN

XULLO: DE 9:00 A 13:30 H.

AGOSTO: DE 10:00 A 13:00 H.

PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de abril de 2013 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2012/13.

 

Para máis información acuda ás oficinas de Secretaria.


FEBREIRO 2013: MES DO CONSUMO RESPONSABLE

     O mes de febreiro é o Mes do

Consumo Responsable. Trátase de reflexionar un pouco sobre os nosos hábitos de consumo, de ver como as nosas decisións á hora de adquirir un producto inflúen na vida e no benestar de moitas persoas.
     Para iso temos dúas exposicións cedidas gratuitamente pola Asociación Panxea, con sé en Santiago de Compostela, unha organización que traballa a prol do consumo responsable. 

     A primeira exposición é  Mundo Solidario que nos informa sobre como é o comercio tradicional, que consecuencias ten nos países do sur, o poder que temos como consumidores e mesmo pon exemplos de malas prácticas empresariais con marcas concretas xunto con moitas outras cousas máis.

















     A segunda leva por título O comercio xusto é... para concienciarnos de que hai outra forma de consumir que contribúe a xerar riqueza naquelas comunidades que máis o precisan.


     Levaremos a cabo tamñen unha actividade de troco: Trocamos, onde organizaremos un mercado de troco no centro e comprobaremos as posibilidades de intercambiar camisetas, gorras, libros, comics, CDs, videoxogos, etc.        Iremos dando conta de todas estas actividades polo miúdo.

     Nas titorías teremos a oportunidade de visionar documentais sobre como se elaboran os produtos que consumimos, os centros comerciais e a súa influencia no noso modo de vida e teremos ocasión de reflexionar sobre o papel que temos en toda esta engrenaxe como consumidores.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Entroido 2013

 

 

E CHEGOU O ENTROIDO!!!!

O día 8 de febreiro celebramos o tradicional Concurso de Disfraces no IES nº 1 do Carballiño. Houbo dez participacións nas modalidades de disfrace individual, disfrace de parella e disfrace de grupo, sendo esta a participación máis numerosa.


E o resultado do concurso foi o seguinte:

1º Premio disfrace individual:

Manuel Vázquez Augusto ( 3º ESO B) co disfrace Charlie Chaplin,realizando unha pequena representación.


1º Premio disfrace de  parella:

Raquel Gómez Fernández e Daniel Dacoba Conde (2º BAC B) 
co disfrace Las Azúcar Moreno.


1º Premio disfrace de grupo:

Román, Erik, Samuel, Gabriel, Alejandrina, Roberto, Javier, Ignacio, Álvaro, María, Tania, Óliver, Hugo, Jesús, Manuel, Marc, Carlos, Diego, Santiago (4º ESO A, 4º ESO B, 1º BAC A-B-C co  disfrace Crema de leite. 

2º Premio disfrace de grupo:

Belén González Ojea, Andrés Meijomil, Rocío Garrido, Ismael Domínguez, Laura González, María Muleiro, Mauro Álvarez, Angélica Candelo, Andrés Meijomil (2º BAC B) co disfrace  A Familia Real

3º Premio disfrace de grupo:


Paula Boleira, María MIllán, Marta López e María González (1ªESO A) co disfrace A nena e as bruxas.

Todas as fotos do festival e dos gañadores premendo aquí.

Moitas felicidades a todos /as!!!!! 

25 de NOVEMBRO DIA PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

O MURO DA VERGONZA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut