Skip to Content

Ciclos

Admisión a ciclos formativos Curso 2020-2021

Normativa que regula a admisión

 

 


Información xeral de admisión

PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA NO CASO DE TER ADXUDICADA PRAZA EN CICLOS FORMATIVOS NO IES MURALLA ROMANA.

A matrícula pode ser TELEMÁTICA (réxime ordinario e distancia) ou PRESENCIAL (obrigatorio para adultos presencial e optativo para os demais réximes), sempre dentro dos prazos fixados no calendario de adxudicación. 

No caso da matrícula TELEMÁTICA para o IES MURALLA ROMANA, farase a solicitude/reserva de matrícula a través da seguinte aplicación informática: 

https://www.edu.xunta.gal//fp/admisi%C3%B3n-2020-servizos-en-li%C3%B1a#reserva-matricula

e a documentación complementaria poderase presentar ata o 18 de setembro de 2020 na secretaría do centro. 

No caso de matrícula PRESENCIAL debe imprimir a solicitude de matrícula xa cuberta na mesma aplicación informática e presentala no centro xunto coa documentación complementaria nos prazos fixados no calendario da adxudicación. 

Para o réxime de persoas adultas, modalidade presencial, non será posible realizar a solicitude de matrícula a través de internet, aínda que si será posible facer a RESERVA dos módulos adxudicados para finalmente presentar unha única solicitude de matrícula no centro segundo as instrucións que se publiquen na https://www.edu.xunta.gal/fp/

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA: 

  • 2 fotos e fotocopia do DNI (alumnado que se matricule por primeira vez no centro).
  • Os menores de 28 anos deben ingresar 1,12€ na conta ES56 2080-0165-78-3040015491 de Abanca para o seguro escolar e xuntar o xustificante do pagamento. 

 

Itinerarios formativos réxime persoas adultas (modalidades: presencial e a distancia) 


AVISO PARA O ALUMNADO DO RÉXIME MODULAR (MODALIDADES PRESENCIAL E A DISTANCIA)

O profesorado do departamento de Administración e Xestión aconsella non cursar os módulos de (2º):

- Contabilidade e fiscalidade
- Xestión financeira - simulación empresarial
- Simulación empresarial

Mentres non se cursou e aprobou o módulo de (1º):

- Proceso integral da actividade comercial

 

Desenvolvemento, avaliación e acreditación académica do alumnado de FP inicial

Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

- Orde

 

Normativa de Educación das persoas adultas


Normativa de Educación das persoas adultas

  Regulación da ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros.
Orde do 11 de xuño de 2010 pola que se autorizan as ensinanzas de educación para persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia, en centros específicos de educación e promoción de adultos e institutos de educación secundaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Máis información

 

Distribuir contido


by Dr. Radut