Skip to Content

Novas, avisos, premios

VIDEOCONFERENCIA, BOLSAS DE ESTUDO FUAC

23/03/2022 18:00
23/03/2022 19:00

Relatora: Rosa Villar, fundación FUAC.

Día: mércores 23 de marzo.

Horario: 18:00h - 19:00h 

Destinatarios/as: alumnado de 2º curso de todas as familias profesionais. 

Organiza: departamento FCT. 

Enlace:

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.phpMTID=m35f3701005f509c8238922ce41b7459a 

Contrasinal: pwVmRNYP743 

VIDEOCONFERENCIA, BOLSAS DE ESTUDOS FEUGA

24/03/2022 09:00
24/03/2022 10:00

Relatora: Silvia Doce, fundación FEUGA

Día: xoves 24 de marzo.

Horario: 09:00h - 10:00h 

Destinatarios/as: alumnado de 2º curso de todas as familias profesionais. 

Organiza: departamento FCT. 

Enlace:https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.phpMTID=mb050e03e6356c53a13116e1e63a7511d

Contrasinal: tpUbN7hHT28  

ENTREGA DE PREMIOS I TORNEO XADREZ

Hoxe realizouse a entrega de premios aos /ás finalistas do I TORNEO DE XADREZ e agradecemos a colaboración do alumnado que actuou como presentadores/as e dinamizadores/as do evento por facelo así de ben, sen esquecer felicitasr  a todos e todas os participantes ao longo do torneo por amosar que o tempo de lecer sempre abre camiños e ao profesor e profesora coordinadores que fixeron posible achegar este deporte ao alumnado.

Imaxes dos presentadores e do gañador -Samuel- acompañado por Gabriel, profesor organizador e encargado de entregar os premios. 

presentadores  Gañador e profesor organizador

Premendo neste enlace poderedes ver as fotos da entrega de premios. 

Achegamos o vídeo realizado por Yolanda, profesora organizadora do torneo, para lembrar esta gratificadora experiencia. 

PARABÉNS AO GAÑADOR!

PARABÉNS AOS PARTICIPANTES!

PARABÉNS AOS/ÁS ORGANIZADORES/AS!

Agardámosvos o seguinte curso no II TORNEO DE XADREZ. 

RESULTADO DA FINAL DO I TORNEO XADREZ DO IES MURALLA ROMANA

cartel GAÑADOR DO I TORNEO DE XADREZ DO IES MURALLA ROMANA:

 

SAMUEL F.L.

 

 Parabéns a todos e a todas os/as participantes!

 Parabéns ós/ás organizadores do torneo

                     Pronto compartiremos as imaxes da entrega de premios. 

FINALISTAS DO I TORNEO DE XADREZ

Aquí están os finalistas do I TORNEO DE XADREZ do IES Muralla Romana. 

finalistas

Agardamos  con gran expectación o desenvolvemento dos seguintes encontros: 

X EDICIÓN CONCURSO LUCUS INTERCENTROS (Actividade APRAZADA!!!)

21/01/2022 11:15
21/01/2022 14:20

AprazadaO Concurso "Lucus Intercentros" CANCÉLASE DEBIDO A SITUACIÓN ACTUAL.


X EDICIÓN DO CONCURSO LUCUS INTERCENTROS 

LUGAR: SALÓN DE ACTOS

HORARIO: VENRES 21 DE XANEIRO DE 11:15H  A 14:20h

ORGANIZA: Alumnado de 1º e 2º de Asitencia á Dirección.

I TORNEO DE XADREZ

cartel

 COMEZA O I TORNEO DE XADREZ DO IES MURALLA ROMANA. 

 Os 24 participantes poñerán a proba a súa axilidade e destreza para poder chegar ata a final; aínda que o camiño percorrido para chegar ata ela estará cheo de xogo,  aprendizaxe e inesquecibles momentos compartidos. 

As partidas desenvolveranse no tempo de lecer dos luns e mércores de cada semana. 

 

ÁNIMO E que tardedes en dicir: XAQUE MATE! 

 

Como podedes comprobar, todo un éxito os primeiros encontros!

VIDEOCONFERENCIA, QUÍMICA E VIDA

Aproveitando a oferta que brinda IGACIENCIA, o alumnado de 4ºESO e 1ºBAC asistiron o martes, día 23 de novembro, ás 12h á videoconferencia, Química e vida de María do Pilar Bermejo, decana da Facultade de Química da USC. 

momento da videoconferencia  momento videoconferencia

      

GALA 12ª EDICIÓN DO CONCURSO NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO (concurso Coca-Cola)

O venres 11 de xuño está prevista a celebración da Gala 12ª Edición do Concurso de Novos Talentos de Relato Curto, onde se darán a coñecer os/as premiados/as. Dita gala seguirase dende o centro educativo de xeito virtual e asistirán os grupos de 2ºESOA, 2ºESOC e 2ºPMAR,  por ter participantes neste evento. 

Farase o seguimento da gala dende o Salón de Actos, comezando ás 11.00h e tendo como hora aproximada de remate as 12.00h

Moita sorte a todos os/as participantes!

CHARLA SOBRE MOTIVACIÓNS E SAÍDAS LABORAIS EN PERRUQUERÍA

27/05/2021 08:59
27/05/2021 14:10

Charla: Motivación e saídas laborais e perruquería. 

RELATOR: Borja Pérez, representante da casa Loreal. 

DESTINATARIOS/AS: alumnado de 1º e 2º PECOCA, 1º e 2ºPEIEST. 

DÍA: 27 de maio

LUGAR: salón de actos

O relator falará sobre a motiviación e saídas laborais nesta profesión, da participación e colaboración da casa Loreal na formación de alumnado de expedientes notables para futuros talentos profesionais e da situación actual e retos da perruquería na actualidade. 

Momento da charla

Distribuir contido


by Dr. Radut