Skip to Content

Novas da Biblioteca

A BIBLIOTECA BUSCA MASCOTA!

*Preme para consultar

HORARIO BIBLIOTECA - Curso 23/24

 Consulta aquí o horario de apertura da biblioteca do instituto (*).

Pechado --- Aberto

 

HORAlunsmartesmércoresxovesvenres
08:45
09:35
09:35
10:25
10:25
11:15
11:15
11:40
11:40
12:30
12:30
13:20
13:20
14:10
14:10
15:00
 
16:00
16:50
16:50
17:40
17:40
18:30
18:30
19:20
19:20
20:10
20:15
21:05
21:05
21:55
21:55
22:45

(*) Suxeito a variacións ao longo do curso segundo dispoñibilidade horaria do profesorado.
Garantida a atención do alumnado durante os períodos de lecer
.

Chega o Nadal ao Muralla

Animádevos a participar!


Concurso hits de nadal

Concurso de panxoliñas
 

Cartel concurso de portas

 

Preme en cada cartel para velo en grande e coñecer as súas bases.

BASES PARA PARTICIPAR NO CALENDARIO "O ANO DAS EMOCIÓNS"

Cartel concursoPoderá participar no concurso para elaborar o calendario do ano 2023 toda a comunidade educativa (preferentemente alumnado) do IES MURALLA ROMANA.

A temática do concurso será "O ANO DAS EMOCIÓNS". Non se publicarán nin aceptarán arquivos con contidos contrarios ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas, nin ningún outro que sexa contrario á legalidade vixente.

As fotografías ou ilustracións presentaranse en formato dixital. Deben ser arquivos preferiblemente JPG ou PNG e con boa resolución (calidade), en formato apaisado. O peso do arquivo non debe superar un máximo de 10 Megabytes (10MB). O nome do arquivo incluirá o curso, nome e primeiro apelido do autor/-a e a palabra elixida para a emoción que reflicte a fotografía/ilustración. Exemplo: 1ºESO_A_NomeApelido_agarimoso.jpg.

Samaín

Animádevos a participar!
Cartel Concurso CabazasCartel Concurso Contos
Pulsa en cada cartel para velo en grande e coñecer as súas bases

COÑECENDO A BIBLIOTECA DUN XEITO LÚDICO

Neste curso, o grupo de biblioteca continuou dándolle a coñecer, dun xeito ameno e divertido,  todos os recursos deste espazo ao alumnado. 

Premendo na imaxe poderedes ver como se desenvolveu un dos "Escape room".

descrición do xogo

 FOTOS DA ACTIVIDADE

 

 

ACTIVIDADE DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O grupo de biblioteca animou o alumnado a conmemorar o Día das Letras Galegas lembrando a autores e autoras que foran homenaxeados neste día. Os alumnos e alumnas elixiron autores e poemas para poñerlles voz. 

Deixámosvos co audio das composocións recitadas ata o momento. 

ESCOITAR

 

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

O Día das Letras Galegas do 2022 dedicáselle a Florencio Delgado Gurriarán e, coma todos os anos, intentamos achegar o alumnado a coñecer a obra e personalidade do autor/a homenaxeado/a.

Deixámosvos cos traballos que foron realizando para coñecer máis a este autor que sempre foi fiel ao seu idioma e á súa TERRA.

Alumnado de 2ºESO participou na elaboración deste vídeo que nos achega os datos máis significativos do autor e da súa obra. Grazas a Marta, a súa profesora de inglés e membro do equipo da biblioteca, pola coordinación. 

O club de lectura realizou dous pasapalabras para seguir coñecendo o autor dun xeito lúdico e, agardamos, satisfactorio. 

Animámosvos a que premades nos seguintes  enlaces do seu blog para comezar a xogar. 

1.- Para ir coñecendo a Florencio Delgado Gurriarán

2.- Seguimos coñecendo a Florencio Delgado Gurriarán

Poemas de Catulo para celebrar o Día do Libro

Jennifer, Víctor e Lucía puxeron voz a poemas de Catulo para celebrar o Día do Libro e amosar que  "o clásico segue estando de moda". 

 

MANIFESTO PARA LEMBRAR O DÍA DA SAÚDE

As alumnas de 1ºPECOCA redactaron un manifesto para lembrar o día 7 de abril, DÍA DA SAÚDE, no que lembran que a saúde é un dereito básico e universal e piden unha atención sanitaria de calidade para todas as persoas, entre outros puntos. 

Deixámosvos coa lectura do manifesto nas súas voces. 

Distribuir contido


by Dr. Radut