Skip to Content
Fachada do instituto

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2021/2022

RESERVA DE PRAZA – Curso 2021/2022

Alumnado de centros adscritos

CEIP Albeiros / CEIP Paradai

Prazo: Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021

 

 

Máis información premendo neste enlace. 

VEREDICTO DO XURADO - CONCURSOS NADAL

Porta da aula gañadoraUnha vez vistos todos os vídeos e visitadas todas as aulas de todos e todas os que participastes nos concursos, realizadas as deliberacións oportunas, o Xurado decide outorgar os seguintes premios: 
 
PREMIO PARA A MELLOR AULA DECORADA: 
 2º Ciclo medio de Peiteado e cosmética capilar (2ºPECOCA) - Aula 35
 
PREMIO PARA O MELLOR VÍDEO DE FELICITACIÓN: 
 1º ESO - C
 

Fotografías da entrega de premios Reportaxe fotográfica de entrega de premios

 

DESPEDIMOS O ANO CON ENERXÍA, ALEGRÍA, ILUSIÓN E SENTIDIÑO

Queremos rematar este ano 2020 coa enerxía, alegría, ilusión que nos caracteriza, sen esquecer que todo se FIXO E SEGUIRÁ FACÉNDOSE CON MOITO SENTIDIÑO. 

O día 22 de decembro farase entrega dos premios aos/ ás gañadores/as das actividades que realizamos neste último tramo de ano. 

Cerimonia de clausura e entrega de premios da VIII D3Mobile (03/12/2020)

Modelo en 3D elaborado polo equipo do IES Muralla RomanaA cerimonia de clausura e entrega de premios da VIII Edición D3Mobile Metrology World League puxo en valor o talento e a creatividade dos estudantes participantes, na que un equipo do IES Muralla Romana de Lugo alzouse co premio EQUIPO CAMPIÓN DO MUNDO na modalidade de ARTISTAS 3D. O modelo gañador nesta categoría representa unha figura da muralla de Lugo escaneada en 3D, cuxa autoría corresponde ao equipo formado polos xa ex-alumnos do IES Muralla Romana: Adrián Rego e Alejandro Muñoz; coordinados pola profesora de TIC.

Máis información Xornal da USC

 

Concurso "Un mes, unha ilusión" - Calendario 2021

Reunido o xurado, decide outorgar os seguintes premios aos/ás participantes do concurso “Un mes, unha ilusión”...

Veredicto do xurado 

 

Exencións da FCT, SOAMENTE PARA O CURSO ACADÉMICO 2020/2021

Segundo o artigo 6 da Resolución do 13 de novembro de 2020 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do período de formación en empresas nas ensinanzas de formación profesional, ensinanzas artísticas e ensinanzas deportivas, na situación excepcional actual de pandemia derivada da COVID-19. 

"O alumnado poderá solicitar a exención total ou parcial do módulo profesional de Formación en centros de traballo se acredita unha experiencia laboral mínima de seis meses, a tempo completo, relacionada cos correspondentes estudos profesionais."

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE ESO

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, os/as interesados/as  poden consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos  no taboleiro de anuncios situado no interior deste centro educativo. 

Proximamente sairán publicadas as listaxes definitivas e informaremos dos días para a distribución das máscaras entre o alumnado. 

 

 

CALENDARIO PRIMEIRA AVALIACIÓN CURSO 2020-2021

15/12/2020 16:00
21/12/2020 19:20

As sesións da primeira avaliación  do curso 2020-2021, terán lugar os días 15,16,17 e 21 de decembro.

No seguinte enlace pódese consultar o calendario: 1ª Avaliación curso 2020-2021

DÍA 25 DE NOVEMBRO, O IES MURALLA ROMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado do IES Muralla Romana elaborou carteis, lemas, coplas populares, cantigas, vídeos, adaptou letras...para amosar o seu enfado e dicir BEN FORTE E ALTO : 

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!  

Se pinchades no deseño que realizou Anum poderes acceder a todas as actividades. 

 Deseño realizado por Anum

Distribuir contido


by Dr. Radut