Normativa que regula a admisión
PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA NO CASO DE TER ADXUDICADA PRAZA EN CICLOS FORMATIVOS NO IES MURALLA ROMANA.
A matrícula pode ser TELEMÁTICA (réxime ordinario e distancia) ou PRESENCIAL (obrigatorio para adultos presencial e optativo para os demais réximes), sempre dentro dos prazos fixados no calendario de adxudicación.
No caso da matrícula TELEMÁTICA para o IES MURALLA ROMANA, farase a solicitude/reserva de matrícula a través da seguinte aplicación informática:
https://www.edu.xunta.gal//fp/admisi%C3%B3n-2020-servizos-en-li%C3%B1a#reserva-matricula
e a documentación complementaria poderase presentar ata o 18 de setembro de 2020 na secretaría do centro.
No caso de matrícula PRESENCIAL debe imprimir a solicitude de matrícula xa cuberta na mesma aplicación informática e presentala no centro xunto coa documentación complementaria nos prazos fixados no calendario da adxudicación.
Para o réxime de persoas adultas, modalidade presencial, non será posible realizar a solicitude de matrícula a través de internet, aínda que si será posible facer a RESERVA dos módulos adxudicados para finalmente presentar unha única solicitude de matrícula no centro segundo as instrucións que se publiquen na https://www.edu.xunta.gal/fp/
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:
- 2 fotos e fotocopia do DNI (alumnado que se matricule por primeira vez no centro).
- Os menores de 28 anos deben ingresar 1,12€ na conta ES56 2080-0165-78-3040015491 de Abanca para o seguro escolar e xuntar o xustificante do pagamento.
Itinerarios formativos réxime persoas adultas (modalidades: presencial e a distancia)

O profesorado do departamento de Administración e Xestión aconsella non cursar os módulos de (2º):
- Contabilidade e fiscalidade
- Xestión financeira - simulación empresarial
- Simulación empresarial
Mentres non se cursou e aprobou o módulo de (1º):
- Proceso integral da actividade comercial