Probas libres para a obtención dos títulos de FP LOE. Ano académico 2019/2020.

 

LEXISLACIÓN

ORDE do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas libres para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE). 

CORRECCIÓN de erros. Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2019/20. 

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento da convocatoria do curso 2019-2020 das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 


Oferta, clasificada por provincia e concello

Presentación de solicitudes de matrícula: do 1 ao 12 de xuño de 2020.

Impresos para solicitude de matrícula


XORNADA DE ACOLLEMENTO

A XORNADA DE ACOLLEMENTO será o martes 1 de setembro ás 18:00 na Biblioteca do instituto. Aquelas persoas matriculadas que non asistan inxustificadamente á xornada de acollemento ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional causarán baixa de oficio, o que implica a perda de toda a matrícula na proba, e non poderán presentar solicitude de inscrición nas probas do curso académico seguinte, e só poderán presentarse a esa convocatoria no caso de que haxa vacantes despois de resolto o proceso de admisión.


PROGRAMACIÓNS

  • Familia de Administración e Finanzas: 
CICLO MEDIO XESTIÓN ADMINISTRATIVA
MÓDULOXERAL-ORDINARIO e MODULAR DE ADULTOS (*)
MP0156. Inglés(*)
MP0437. Comunicación empresarial e atención á clientela(*)
MP0439. Empresa e Administración(*)
MP0441. Técnica contable
MP0442. Operacións administrativas de recursos humanos(*)
MP0443. Tratamento da documentación contable(*)
MP0446. Empresa na aula(*)

CICLO SUPERIOR ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
MP0649. Ofimática e proceso da información


CALENDARIO DE EXAMES - PROBAS LIBRES LOE

  •  Familia de Administración e Finanzas:
CICLO MEDIO XESTIÓN ADMINISTRATIVA
1ª parte da proba (proba escrita). Réxime ordinario
2ª parte da proba (suposto práctico). Réxime ordinario
1ª parte da proba (proba escrita). Réxime modular de adultos
2ª parte da proba (suposto práctico). Réxime modular de adultos
CICLO SUPERIOR ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
1ª parte da proba (proba escrita). Réxime a distancia
2ª parte da proba (suposto práctico). Réxime a distancia

ENTREGA DE NOTAS:

  • Primeira parte da proba: o venres día 4 de setembro (chamando ao centro, pola mañá).
  • Segunda parte da proba: o venres día 11 de setembro (En xefatura de estudos, pola mañá).
As cualificacións finais tamén estarán dispoñibles na aplicación abalarMóbil, por iso unha vez que estea o alumno ou a alumna de libres matriculado/a, aconséllaselle descargue a aplicación no teléfono indicado no momento da matrícula. Información.

RECLAMACIÓNS:  14 e 15 de setembro


Todo sobre as probas libres (LOE) 

Máis información sobre probas libres