Lingua Castelá

LENGUA CASTELLANA 2019/20

MEMBROS DO DEPARTAMENTO

.XEFA DO DEPARTAMENTO: Mª INÉS DE NIEVES LAMAS

.PATRICIA SEIJAS RAMOS

PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ 

LECTURAS OBRIGATORIAS PARA O CURSO 2019/2020

18/09/2019 20:11
Africa/Addis Ababa

O Departamento escolle as lecturas obrigatorias para o curso 2019/2020 coa seguinte distribución:

1º ESO

1º e 2º trimestre: o alumnado escolle a súa lectura dunha listaxe proposta pola profesora.

No terceiro trimestre pode cambiar o criterio en función da evolución do grupo.

 

2º ESO

1º trimestre:  De todo corazón. 111 poemas de amor. Selección de José María Plaza.

2º trimestre: Escollen entre Las lágrimas de Shiva, de C. Mallorquí ou Caperucita en Manhattande Carmen Martín Gaite.

3º trimestre: Wonder.La lección de August, de R.J.Palacio.

 

3º ESO

 

1º trimestre: Escollen entre Rebeldes, de Susan Hinton ou La Ciudad de las Bestias, de Isabel Allende.

2º trimestre: Escollen entre Romeo y Julieta, de William Shakespeare ou Fuente Ovejuna, de Félix Lope de Vega(ambas en ed. Anaya, clásicos a medida).

3º trimestre: Escollen entre Veinte poemas de amor y una canción desesperada, de Pablo Neruda ou Rimas, de Gustavo A. Bécquer.

 

4º ESO

1º trimestre: Escollen entre Sin noticias de Gurb, de Eduardo Mendoza ou El guardián entre el centeno, de J. D. Salinger.

2º trimestre: Escollen entre Zara y el librero de Bagdagde Fernando Marías ou La tregua, de Mario Benedetti.

3º trimestre: Antología poética de la generación del 27, varios autores. Editorial Clásicos de Santillana. Loqueleo. 

 

 

XORNALISMO NA ESCOLA

16/12/2019 17:52
Africa/Addis Ababa

O alumnado de 4ºESO participou este venres 13 de decembro nun Obradoiro de Xornalismo a cargo de Pablo Díaz Bouza, xornalista da Cadena SER. No transcurso da charla, o alumnado participou dunha emisión en directo con "Hoy por hoy A Coruña", da Cadena SER.

 

O LORO DE CARLOS V

05/12/2019 10:30
Africa/Addis Ababa

O director da Ópera O loro de Carlos V, Nani García, visitou o noso centro e fixo un percorrido de forma amena e ilustrada por diversas cuestións que se plantexan sobre a música e a profesión de autor na actualidade, tendo como fío condutor o proceso de creación da obra O loro de Carlos V. 

Posteriormente, o alumnado de 3º e 4º ESO asistiu á estrea da Ópera no Teatro Colón da Coruña, coa presenza da Orquestra Sinfónica de Galicia e con Miguelanxo Prado como deseñador de personaxes e escenografía.

SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN

02/02/2017 13:05
Africa/Addis Ababa

Hoxe estivemos no teatro cos grupos de terceiro e cuarto de ESO. Vimos a obra da compañía "Voadora": Soño dunha noite de verán, unha interpretación libre do clásico de Shakespeare. Tedes máis información no blog de Lingua castelá. 

TEATRO!!

27/10/2016 20:43
Africa/Addis Ababa

O alumnado de primeiro e segundo de ESO foi hoxe ao Ágora para ver a obra teatral Kassa, da Compañía Elefante Elegante.


Se queredes máis información, mirade no blog do departamento: 

www.circunstancialdelugar.blogspot.com

DON QUIXOTE GASTRONÓMICO

08/12/2015 19:59
Africa/Addis Ababa

O pasado venres 4 de decembro, o alumnado de primeiro ciclo gozou do teatro no Fórum Metropolitano: Don Quixote gastronómico.

Alonso, cociñeiro, comeza a preparar unha demostración culinaria sobre as bondades da dieta mediterránea. O prato escollido é a Potaxe de vixilia... O mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na súa primeira saída antes de ser armado cabaleiro andante. Alonso converterase en Quixote mentres prepara ese saboroso prato. Un xogo teatral e gastronómico no que o humor e tolemia de Don Quixote se encarnarán no corpo de Alonso dando lugar a un espectáculo áxil, saboroso e nutritivo.

SAÍDA AO TEATRO

14/11/2015 01:37
Africa/Addis Ababa

O alumnado de segundo ciclo gozou hoxe no Fórum Metropolitano dunha particular adaptación de La Celestina, a obra de Fernando de Rojas. CTC Producciones amosa esta versión na que Celestina se converte en xograresa para contar a historia de Calisto e Melibea en clave traxicómica, botando man de máscaras e monicreques para representar aos namorados e aos criados, aos personaxes da clase alta e a baixa, manexados, manipulados por ela.

LECTURAS OBRIGATORIAS PARA O CURSO 2015/2016

11/10/2015 02:11
Africa/Addis Ababa

O Departamento escolle as lecturas obrigatorias para o curso 2015/2016 coa seguinte distribución:

1º ESO- 1º trimeste: o alumnado escolle a súa lectura e fai unha exposición dela para a súa clase.

                2º trimestre: Escollen dunha listaxe proposta polo profesor. Fan tamén a exposición oral e son avaliados polos seus compañeiros. No terceiro trimestre pode cambiar o criterio en función da evolución do grupo.

 

2º ESO- 1º trimestre:  De todo corazón. 111 poemas de amor. Selección de José María Plaza.

                2º trimestre: Escollen entre Las lágrimas de Shiva, de C. Mallorquí ou La Perla,de Steinbeck.

                3º trimestre: Escollen entre Pic-Nic, de F. Arrabal ou Asamblea general, de Lauro Olmo ou Tres sombreros de copa, de Miguel Mihura.

 

3º ESO- 1º trimestre: Escollen entre Rebeldes, de Susan Hintonou La Ciudad de las Bestias, de Isabel Allende.

                 2º trimestre: Escollen entre La zapatera prodigiosa, de F. G. Lorca ou Los intereses creados, de J. Benavente.

                 3º trimestre: Escollen entre Veinte poemas de amor y una canción desesperada, de P. Neruda ou Rimas, de Bécquer.

 

4º ESO- 1º trimestre: Escollen entre Gato negro y otras narraciones extraordinarias, de Edgar Allan Poe ou El guardián entre el centeno, de J. D. Salinger.

                2º trimestre: Escollen entre Sin noticias de Gurb, de E. Mendoza ou Cuentos de amor, locura y muerte, de H. Quiroga.

                3º trimestre: Escollen entre Zara y el librero de Bagdag, de Fernando Marías ouLeyendas, de G. A. Béquer.

 

TEATRO PARA PRIMEIRO CICLO

13/04/2015 23:01
Africa/Addis Ababa

O alumnado de primeiro ciclo disfrutou o venres 10 de abril do espectáculo "Heian" no Centro Ágora. "Heian" é unha proposta multidisciplinar onde música en vivo, danza acrobática e circo se fusionan para ofrecer ao espectador unha proposta cargada de forza e sensibilidade. "Heian" significa en xaponés Paz e Tranquilidade.

Ao remate da obra, o alumnado realizou unha visita guiada á biblioteca do Centro Ágora.

 

 

 

Distribuir contido