
Lingua Galega
Modificacións a programación de Galego para o terceiro trimestre do curso 2019/20
Nos documentos adxuntos podedes consultar as modificacións a programación das materias de galego, latín e xadrez
PROGRAMACIÒNS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA PARA O CURSO 19/20
Podedes consultar os resumos das progrmacións do departamento para as materias de lingua galega de 1º, 2º, 3º e 4º, de Oratoria de 2º e da xadrez de 2º ESO
CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
VISITA AO CENTRO DE ANDREA MACEIRAS
Hoxe visitou o noso centro Andrea Maceiras, autora do libro O que sei do silencio , lido polo alumnado de 3º e 4º de ESO este trimestre. Andrea falounos do proceso da escrita e conversamos con ela sobre o acoso escolar , que é o tema central do libro . Ao final asinou exemplares dos seus libros a todos o que llo pediron.
CONTACONTOS INGLÉS- GALEGO
Hoxe o alumnado do centro asistiu á actividade de contacontos en inglés e galego, da man das narradoras Patricia McGill e Charo Pita. Estas contadoras profesionais versionaron algúns relatos da tradición oral nos que apareceron bruxas,cabaleiros, paxariños metidos en problemas, damas encantadas e ata o mesmísimo rei Artur. A actividade,organizada polos departamentos de Inglés, Galego e Biblioteca , desenvolveuse en dúas sesións ( a primeira para o alumnado de 3º e 4º de ESO e a segunda para o alumnado de 1º e 2º ). Foi moi amena e interesante.
MOSTEIRÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Para conmemorar o Día contra a Violencia Machista, A Esperela botou man do poemario de Carlos Negro "Masculino Singular". Seleccionamos varios poemas visuais e fixemos a nosa representación nun recanto de reflexión. O alumnado de 3º preparou unha performance para expresar a nosa repulsa contra o maltrato.
" SOMOS UN POBO DE ARTISTAS", OBRADOIRO DE XURXO SOUTO.
Hoxe recibimos na biblioteca A Esperela ao polifacético Xurxo Souto que nos fixo un percorrido pola música galega das últimas décadas. Coma sempre , encheu a súa intervención de anécdotas e saberes das nosas xentes, que como el di "nunca nos contan". Encheu de enerxía os nosos corazóns ao recordarnos tantas cousas valiosas que nos rodean e que ás veces nin sequera vemos. Grazas, Xurxo.
CONCERTO DE PIANO
Hoxe no primeiro recreo recibimos a visita de Ander, un estudante de piano que nos ofreceu un concerto de piano con 3 pezas de J.S.Bach, F. Liszt e Schubert
