
Educación Física
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO 2019-20
MEMBRO/S DO DEPARTAMENTO
Carlos Conde Mayo (Xefe do Departamento)
Nos documentos adxuntos podedes consultar a programación das materias de educación física para 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, e para a materia de ESTILOS DE VIDA SAUDABLES de 2º ESO
Modificacións a programación de educación física para o curso 2019/20
Podedes consultar as variacións sufridas na programación da materia nos adxuntos que atoparedes máis abaixo.
PATINAXE 2010-2011
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO do IES Mosteirón participaron an actividade de patinaxe organizada polo Departamento de Educación Física para o curso 2010-2011. A actividade realizouse o venres 4 de febreiro ás 12:00 no Coliseo da Coruña, participando en total 105 alumn@s. Acompañaron ao alumnado os seguintes profesores: Mariajo, José Manuel, Paloma e Paqui. Os rapaces gozaron da experiencia da patinaxe sobre xeo e a maioría estarían dispostos a participar de novo o curso que vén.
![]() |
Alumno de 1º de ESO facendo un pequeno descanso |
![]() |
Un grupo de alumnos de 1º de ESO coa indumentaria de rigor. |
FINALIZA A LIGA DE FÚTBOL SALA
Como en anos anteriores, este curso 2009/10, celebramos a liga interna de fútbol sala coa participación inicial de once equipos de todos os niveis.Despois da primeira volta clasificáronse os equipos de 2º A, 2º B, 3º A e 3º B, quedando na seguinte orde:
4º clasificado: Equipo de2º B
3º clasificado: Equipo de3º B
2º clasificado: Equipo de2º A (2)
1º clasificado: Equipo de3º A
PARABÉNS AOS CAMPIÓNS DE 3º A :Damián , Abel, Mauro,Alberto e Manel.
![]() |
![]() |
