INFORMACIÓN XERAL E ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO DEPARTAMENTO

HORARIO DE ATENCIÓN D.O.:

  • Os luns de 10:30 a 14:0 h e de 16:10 a 17:00h

  • De martes a xoves de 9:20 a 12:30 h.

  • Os venres de 10:30 a 12:30 h.

Nos recreos proporcionarase información puntual ao alumnado. 

CANDO PEDIR AXUDA AO ORIENTADOR/A?

Se es pai/nai/titor/titora: Cando precises información, asesoramento, ou aclarar dúbidas sobre a educación do teu fillo/a. Sempre se concertará a cita a través do titor/a.

Se es alumno/a: Cando vexas que non rendes o suficiente. Cando os nervios te trastornen. Cando queiras que te axuden a solucionar determinados problemas persoais ou de relación cos compañeiros/as. Cando queiras información sobre os estudos, saídas laborais, notas de corte...

Se es profesor/a: Cando queiras que colabore na preparación de titorías, organización de charlas entrevistas ou valoración dun alumno/a. 

 

ACTIVIDADES ORGANIZADAS (CURSO 2014-2015)

Educación Financeira (Instituto de Estudios Financieros). Dirixido ao alumnado de 4º de ESO. Data 27 e 30 de outubro, 6 e 10 e 13 de novembro.

PROXECTO ANOCA (EPAPU TEIXEIRO). Dirixido a todo o centro. Data 25 de novembro

"Plan director para a convivencia..." (NOVAS TECNOLOXÍAS). Dirixido ao alumnado de 1º de ESO. Data: 26 de xaneiro. 

"Plan director para a convivencia..." (ACOSO ESCOLAR). Dirixido ao alumnado de 2º de ESO. Data: 22 de xaneiro.

"Plan director para a convivencia..." (DROGAS E ALCOHOL). Dirixido ao alumnado de 1º de ESO. Data: 9 de febreiro.

"CICLOS DE VIDA ADOLESCENTE (QUEROTE+)". Dirixido ao alumnado de 3º de ESO. Data 28 de xaneiro, 2 e 7 de febreiro.