DELEGADOS

Funcións dos Delegados
 

Segundo o Decreto 324/1996 do 26 de Xullo e a Orde do 1 de Agosto de 1997, as funcións do Delegado de grupo son as seguintes:

a) Asistir ás reunións da Xunta de Delegados e participar nas súas deliberacións.

b) Expoñerlles ás autoridades académicas as suxestións e reclamacións do grupo ó que representan.

c) Fomenta-la convivencia entre os alumnos e alumnas do seu grupo.

d) Colaborar cos profesores e co equipo directivo do centro para o seu bo funcionamento.

e) Coidar da adecuada utilización do material e das instalacións do centro.


Os delegados non poderán ser sancionados polo exercicio das súas funcións como voceiros dos alumnos, nos termos establecidos pola normativa vixente.