ESCOLARIZACIÓN 18-19

ENLACE Á APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO ALOXADA NA PÁXINA WEB DA CONSELLERÍA COA NORMATIVA, IMPRESOS (Anexo I: Reserva de praza, Anexo II: Admisión Alumnado), ETC, DO PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN DO ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2018-2019

                                                                            ENLACE A ADMISIÓN ALUMNADO

CALENDARIO ESCOLARIZACIÓN CURSO 2018-2019
Reserva de praza (centros adscritos)

Do 1 ao 15 de febreiro de 2018 no centro de orixe (IES O Mosteirón).

A reserva de praza para o alumnado de 4º de ESO que queira estudar Bacharelato no IES Isaac Díaz Pardo de Sada, pode realizarse de varias maneiras:

a) Entregando o ANEXO I proporcionado ao alumnado de 4º o día 01-02-18 na Secretaría do IES O Mosteirón.

b) A través da aplicación admisión alumnado aloxada na páxina da Consellería (Véxase enlace superior): b1) Mediante a cumprimentación online da reserva e posterior impresión do ANEXO I que deberá ser entregado na secretaría co centro educativo.  b2) Mediante a cumprimentación online da reserva e presentación na SEDE ELECTRÓNICA, só se dispoñen de certificado dixital.

ANEXO I

 

 

Publicación de vacantes

 Antes do 1 de marzo.

VACANTES OFERTADAS PARA O PROCESO DE ADMISIÓN:

1º ESO: 37 + 6 NEAE

2º ESO:19

3º ESO:2

4º ESO:2

 

Solicitude de admisión

Do 1 ao 20 de marzo de 2018 no centro solicitado como 1ª opción. O impreso de admisión (ANEXO II) pode descargarse no enlace superior "ENLACE ADMISIÓN ALUMNADO". Poden solicitar se o desexan unha copia no centro educativo. A cumprimentación do ANEXO II pode realizarse mediantes tres vías, explicadas anteriorermente no apartado "Reserva de Prazas".

ANEXO II

Publicación da lista provisional de admitidos

Antes do 25 de abril. (Publícase o 12-04-18)
Publicación da lista definitiva de admitidos Antes do 15 de maio.

Formalización matrícula ESO

Ordinaria: Do 1 ao 10 de xullo.

Extraordinaria: Do 5 ao 10 de setembro.

IMPORTANTE: Consultar a información sobre os prazos de matrícula, por se hai cambios, a finais de xuño e principios de setembro.

IMPORTANTE: O IES O MOSTEIRÓN NON ESTABLECE NINGÚN CRITERIO COMPLEMENTARIO AOS EXISTENTES NA ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 QUE REGULA O PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO. (APROBADO EN CONSELLO ESCOLAR O 02/04/2013)

EVENTOS:

01/02/18 Entrégase circular informativa sobre a reserva de praza no IES Isaac Díaz Pardo e ANEXO I ao alumnado de 4º ESO.

12/02/18 Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 18-19. Enlace con + información

21/02/18 Todas as solicitudes de reserva de praza para 1º de ESO procedentes do CEIP Plurilingue O Mosteirón foron admitidas.

01/03/18 Subidas as instrucións da Xefatura Territorial e da Dirección Xeral de centros en relación á admisión de alumnado 18-19. Véxanse os arquivos adxuntos.

12/04/18 Publicación da listaxe provisoria de admitidos. Véxanse os arquivos adxuntos.

04/05/18 Publicación da listaxe definitiva de alumnado admitido. Véxanse os arquivos adxuntos.

 

 

AdxuntoTamaño
INSTRUCCIONS XEFATURA TERRITORIAL 18-19.pdf111.44 KB
INSTRUCCIONS DX CENTROS 18-19.pdf865.88 KB
Reserva.Asignadas.1ºESO.IES_.O.MOSTEIRÓN.pdf108.82 KB
Lista.Admitidos.18-19.IES_.O.Mosteirón.pdf864.17 KB
Lista.Defintiva.Alumnado.Admitido.pdf1.45 MB