Skip to Content

LeMos: Club de lectura

Club de Lectura LeMos

O Club de Lectura LeMos é un referente consolidado, unha referencia de identidade, unha actividade feita imprescindible para caracterizar a dinámica do centro.
Iniciado no Curso 2007-2008, a súa traxectoria vén marcada pola súa constancia e polas amenas reunións.
Aberto a toda a Comunidade Educativa, polo de agora a resposta máis numerosa corresponde ao colectivo das nais, dispostas e prestas a perder (ou gañar) unha tarde, comentando, rindo, falando, escoitando, degustando...porque así o levamos feito dende o inicio, na biblioteca municipal, ou na biblioteca do Instituto, nas convocatorias vespertinas de cada mes, case sempre coincidindo en mércores, de 17:30 a 19:00h.
Actualizamos no presente curso a Páxina Web e o blog para espallármonos máis alá da presenza e entrar no mundo da tecnoloxía.
O noso quefacer empeza nunha convocatoria escrita, inicial, como chamamento á xuntanza de presentación. Nela proponse a lectura e de común acordo datamos un novo encontro para comentar as impresións.
Unha vez conseguidos os exemplares da obra, distribuímolos e agardamos mentres lemos.
Levamos xa unha chea de libros na nosa listaxe e tamén disfrutamos a presenza de moitos dos autores.
ANO I
REIMÓNDEZ, María: O club da calceta . Connnosco estivo calcetando e sorprendéndonos aínda máis co seu falar.
BOYNE. John: O neno do pixama a raias.Daniel Saavedra, o tradutor, foi o noso
invitado.
HADDON. Marc: O curioso inicidente do can á medianoite
SCHMITT, Eric- Emmanuel,O señor Ibrahim e as flores do corán
ALONSO, Fran: Poetízate. Invitado á merenda-cea literaria. Con él recitamos, recibimos, espallamos versos que emocionaron e motivaron unha vontade de repetición.
ANO II
ANEIROS, Rosa: Veu visitarme o mar.
RIVEIRO COELLO, Antón: As rulas de Bakunin. Ofreceunos este autor unha velada informativa e amena con comentarios e datos anexos á obra.
SUMAI, Anxos: Así nacen as baleas.Quen dende A coruña, vía férrea, chegou a mos por estar e coñecer o noso Club.
ZÚÑIGA, Yolanda; Amor, amén. Imprescindible a súa presenza, para afondar nos seus versos e interpretar a crueldade que poden transmitir.
COSTENLA, Xesús: Shakesperare destilado, Quen nos embarrochou e fíxonos unha segunda lectura da obra que cambiou radicalmente as consideracións sobre dela.
VASCONCELOS; Mauro de :A miña planta de laranxa lima.
LOPO, Santiago: Peaxes.Amenizou a nosa II merenda-cea literaria, con visións e comentarios sobre a obra e as distintas personaxes que desfilan a través dela.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut