Skip to Content

A Biblioteca

Información sobre a biblioteca

A Biblioteca

 
 
Imaxe parcial da nosa Biblioteca
ENTRAS e as paredes son moitos libros, ordenados, colocados de canto ou deitados sobre os andeis. Hai mesas disopostas estratexicamente, diferentes, segundo a súa función. Ordenadores temerosos dun uso excesivo. Os videos e películas agardan a man que as proxecte na pantalla colgante. Día a día, semana a semana, de mes en mes, aparecen xornais e revistas actualizándonos acontecementos.
Unha chea de libros gardando mundos e realidades que se ofrecen con palabras, con imaxes: Persoanxes, historias, aventuras, coñecementos que só contigo, connosco adquiren dimensión real.
Con cada lectura amplíase o universo e arrúbanse fronteiras, establéncese diálogos e contactos posibles. Só tes que entrar e deixar que as páxinas te atrapen e residir por un tempo na vertente do que non é pero existe nalgures.
A Biblioteca é un mundo habitado por Nós e máis Outros que cadaquén debe descubrir.
É unha conexión constante ao coñecemento e ampliación de posibilidades diferentes, de información e recursos
É máis ca un espazo, moitos espazos para estar, quedar e aproveitar .
 
ENTRAS e sitúaste noutra dimensión espacial e temporal, rexida por actitudes e formas de obrigado cumprimento porque Ler e comer a un tempo séntalles mal ás letras e imaxes; se alborotas e falas moi alto aos libros dóelles o lombo de asumir tanta palabra van e allea; os ordenadores agóbianse con tanto voyeur ao seu arredor; os xadreces andan tristes polo seu maltrato; as revistas non acaban de entender por que se lles arrincan as follas e acaban con tal mal aspecto; os asentos fártanse de lidar e quedar atravesados . Se entras, pois,   non comas, non alborotes, coida o material, non te ateigues e amoles aos demais. coloca o teu asento...
Non son normas a cumprir, son  requisitos que cadaquén debe levar dentro e que nin guén debe esixir. A bilbioteca sabe que sabedes estar, entón nada di, só  se indigna e anoxa  cando é mal utilizada...porque chega a sentirse  incomprendida e baldeira nas súas encomendas. 
Distribuir contido


by Dr. Radut