O centro
Familias
Iniciar sesión
Tarefas semana 1 - 5 xuño. PREMATRÍCULA 1º E 2º ESO. Instrucións entrega presencial fondo libros
direct — Dom, 2020-05-31 22:26
No documento adxtunto a esta publicación ou nesta ligazón pode accederse á distribución das tarefas, referidas á semana do 1 ao 5 de xuño e agrupadas por cursos e materias. |
Asimesmo, nesta ligazón poden consultarse os correos electrónicos do profesorado e neste outro link poden verse as claves de acceso que algúns cursos da aula virtual requiren para acceder aos seus contidos.
Lembramos que o Concello de MOS pon a disposición das familias un servizo gratuíto de impresión e entrega de tarefas escolares que podes consultar nesta ligazón. |
Por outra banda, no bloque secretaría desta web ou nesta ligazón, pode accederse aos formularios de prematrícula para o alumnado que vaia cursar 1º ou 2º de ESO no IES de Mos o vindeiro ano académico. O prazo para envialos é ata o 12 de xuño e a súa función é estatística para a preparación do curso e non substitúe ao proceso de matrícula, que se anunciará na web.
O IES de MOS agradece enormemente a colaboración de alumnado e familias neste proceso de recollida de datos para unha mellor planificación do vindeiro ano académico.
IMPORTANTE: NESTA LIGAZÓN PODEN VERSE AS INSTRUCIÓNS PARA A ENTREGA PRESENCIAL DO FONDO LIBROS
Adxunto | Tamaño |
---|---|
tarefas semana 1_5 xunho.pdf | 356.55 KB |