O luns 17 de febreiro, parte do alumnado de 3º e 4º de ESO e de1º de BAC asistiu á representación teatral Un día con los clásicos da compañía teatral OMIS Compañía Lírica y Orquesta Martín i Sole, que chegou desde Madrid. Neste enlace podedes ver o traballo desta compañía.
O alumnado, que asistiu como público, tamén formou parte da obra, descubrindo así o fantástico mundo da interpretación.
Desde o IES queremos agradecer ao centro ocupacional Escravas da Virxe Dolorosa o préstamo do seu salón de actos para que o alumnado puidese gozar da obra.