Libros de Texto Curso 2020/2021

A listaxe de libros de texto para o curso 2020-2021 atópase dispoñible no seguinte arquivo.

ADMISIÓN GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR FORMACIÓN PROFESIONAL CURSO 2020-21

CONVOCATORIA ADMISIÓN GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR

FORMACIÓN PROFESIONAL

 CURSO 2020-2021

Dirección do enlace:

http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2020-2021

Na dirección de enlace figuran:

  • Instrucións sobre como realizar a solicitude web.
  • Vídeo de axuda para realizar a solicitude.
  • Asistente informático para realizar a solicitude.
  • Instrucións xerais do proceso de admisión.
  • Oferta actualizada 2020-2021.

Tamén é importante consultar as instrucións xerais do proceso de admisión para o réxime ordinario, como os prazos e datas, no seguinte documento.

CALENDARIO MATRÍCULA XULLO 2020

(para o alumnado que promocione ou titule en xuño)

Pensando na seguridade das persoas, é moi importante respectar as datas de matrícula que figuran a continuación para cada un dos niveis educativos. Grazas pola colaboración.

DATA NIVEL DATA NIVEL
1 de xullo 2º BACHARELATO 6 de xullo 3º ESO
2 de xullo 1º BACHARELATO 7 de xullo 2º ESO
3 de xullo 4º ESO 8 de xullo 1º ESO
9, 10 de xullo Poderá formalizar matrícula o alumnado que non puido facelo con anterioridade.

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS, DEVOLUCIÓN DE MATERIAL E PERÍODO DE RECLAMACIÓNS

A entrega de cualificacións terá lugar o martes 23 de xuño e o xoves 25 de xuño na aula de referencia do grupo, segundo o horario que figura a continuación.

O alumnado esperará no patio e entrará no centro acompañado do profesorado titor, con mascarilla, mantendo a distancia de seguridade e seguindo as indicacións do persoal do centro. É necesario que todo o alumnado traia un bolígrafo.

Na aula, o profesorado titor entregará, ademais do boletín de notas, o sobre de matrícula ao alumnado que promocione de curso na convocatoria de xuño, para evitar aglomeracións en Secretaría. O alumnado poderá recoller outro tipo de material que aínda estea no centro (patíns, material de plástica,...), pero debe esperar ás instrucións do profesorado titor.

Devolverase todo o material (fondo libros, ANPA) seguindo as instrucións do profesorado titor.

É obrigatorio devolver todos os libros do fondo. Unha vez que o profesorado titor comprobe que se devolveron, poderanse levar de novo en préstamo os libros das materias que o alumnado teña que recuperar en setembro.

Martes 23 de xuño Xoves 25 de xuño
HORA GRUPO HORA GRUPO
    10:00 3º ESO A
10:30 1º ESO A 10:20 4º ESO A
11:00 1º CM SMR 10:40 1º FPB
11:20 2º ESO A 11:00 3º ESO B
11:40 2º CM SMR 11:20 4º ESO B
12:00 1º ESO AB 11:40 1º BACH. A
12:30 2º ESO B 12:00 3º ESO C
12:50 1º ESO B 12:20 1º BACH. C
13:10 2º ESO AB 12:40 2º FPB
    13:00 1º BACH. B

 

RECLAMACIÓNS:

As reclamacións terán que presentarse dentro das 48 horas seguintes á entrega das cualificacións.

Resolucións definitivas de bolsas de estudio 2019-20

Xa están dispoñibles as resolucións definitivas correspondentes ao curso 2019-20 da Convocatoria Xeral de Bolsas e Axudas ao Estudo para Niveis Postobrigatorios Non Universitarios e da Convocatoria para Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

Foron publicadas na páxina do Ministerio de Educación y FP (mira as respostas ás preguntas frecuentes para saber como consultala túa bolsa).


As datas para a presentación de Recurso Reposición son as seguintes:

  • CONVOCATORIA XERAL, do día 3 de xuño até o 2 de xullo, ambos días incluídos.
  • CONVOCATORIA DE APOIO EDUCATIVO, do día 2 de xuño até o 1 de xullo, ambos días incluídos.

Consulta:

As listaxes de Convocatoria Xeral poden consultarse na páxina web do Ministerio de Educación y FP.
No que respecta á Convocatoria de NEAE as listaxes non son públicas, mais o Ministerio de Educación y FP envioulle a cada alumno, por vía telématica, cadansúa comunicación.

Matrícula nas ABAU

Proceso de matrícula ordinaria nas ABAU para o alumnado de 2º de bacharelato.

O prazo para entregar a documentación no centro será entre o día 10 e 17 de xuño.

Documentación:

  • Copia do DNI en vigor.
  • Impreso de matrícula ABAU.
  • Resgardo de pagamento de taxas título de bacharelato (pedir modelo de taxas en secretaría).
  • Resgardo de pagamento de taxas ABAU.

 A documentación cumprimentarase a través dos modelos publicados pola CIUG a excepción do modelo de taxas do título de bacharelato.

 Enlace á web da CIUG. https://ciug.gal/gal/abau

Listaxes provisionais alumnado admitido para o curso 2020-2021

Están expostas no taboleiro do centro as listaxes provisionais do alumnado que foi admitido para o vindeiro curso 2020-2021.

  • Poderanse formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación.
  • A publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula ordinaria: do 1 ao 10 de xullo de 2020.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2020

INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBA DE ACCESO

IMPORTANTE LER CON ATENCIÓN AS INSTRUCCIÓNS

Xa está dispoñible a asignación de sede para as probas. Consulta aquí: http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8668

Para o IES Monte da Vila a asignación de centro-sede é o IES Luis Seoane (Pontevedra)

Actualizaronse as datas das probas de acceso a ciclo e medio e superior.

  • As probas de acceso a ciclos de grado medio serán o 10 de xuño de 2020.
  • As probas de acceso a ciclos de grado superior serán o 11 de xuño de 2020.

Consulta o documento adxunto para saber os documentos que precisas e como se desenvolverán as probas.

Consulta as convocatorias:

Fondo de Libros Curso 2020/2021

Abriuse o prazo para a presentación de solicitudes para o fondo solidario de libros de texto “Fondolibros”, que poderán realizarse ata o día 19 de xuño.

A realización de solicitudes pode realizarse de forma electrónica, a través do seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

No caso de realizala de forma presencial, rogamos entreguen a documentación cuberta a ordenador.

Pregamos ás familias que, se é posible, se axusten ás seguintes datas para a entrega da documentación do fondo de libros, segundo o curso para o cal realicen a solicitude da axuda, co fin de evitar aglomeracións:

  • 1º ESO: 25 e 29 de maio. 4, 10 e 16 de xuño
  • 2º ESO: 26 de maio. 1,5, 11 e 17 de xuño.
  • 3º ESO: 27 de maio. 2, 8, 12 e 18 de xuño.
  • 4º ESO: 28 de maio. 3, 9, 15 e 19 de xuño.

Evitar, ademais, esperar á derradeira semana. O horario da Secretaría do Centro é de 9 a 14 horas.

Actualización das instrucións para o terceiro trimestre (04/05/2020)

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar unhas orientacións provisionais. En base ás mesmas, tentaremos organizar o traballo e informar á comunidade educativa.

A Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria da ABAU en Galicia será o 7, 8 e 9 de xullo

Resolución pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial (23/04/20)

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia

Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se ditan instrucións para a realización das ABAU

 

 

1. TRABALLO DO TERCEIRO TRIMESTRE - ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado.

Desde o centro queremos animar a todo o alumnado a traballar segundo as instrucións que recibirán do profesorado, tanto para recuperar ou reforzar contidos de avaliacións anteriores, como para adquirir uns coñecementos necesarios para o curso seguinte. É importante que o alumnado, na medida das súas posibilidades, traballe seguindo estas orientacións para o seu beneficio presente e futuro.

O profesorado actualizou as instrucións correspondentes e subíu as adaptacións das programacións no apartado “Departamentos” desta páxina web con acceso a través do botón "Departamentos"

 

2. INFORMACIÓN SEMANAL DE TAREFAS

De cara a unha mellor información e coordinación de actividades, temos creado unha páxina por curso onde poderán consultar, semanalmente as actividades a desenvolver polo alumnado, no seguinte enlace

O IES MONTE DA VILA – TAREFAS SEMANAIS

 

 

3. AXUDA AO ALUMNADO: COORDINACIÓN E CONTACTO CON TITORES E PROFESORADO

Para desenvolver adecuadamente estas tarefas pretendemos establecer un calendario de contacto dos titores e profesorado co alumnado. Este contacto será, na medida do posible, a través de sesións semanais virtuais de titoría de grupo e de materia. Poden consultar o calendario de cada curso no enlace anterior.

Estas sesións engaden unha canle de comunicación directa ás xa existentes para que o alumnado comunique as dificultades para desenvolver as tarefas propostas ou seguir as indicacións do profesorado, resolución de dúbidas, etc. A comunicación entre persoas titoras e familias realizarase a través de abalarMóbil. A problemática pode vir de diferentes situacións que comentamos a continuación.

 

3.1. PROBLEMAS NO ACCESO Á AULA VIRTUAL

No caso de que algún alumno/a non teña acceso á aula virtual ou perdera a contrasinal, deberá enviar un correo electrónico ao administrador da mesma (rsmozos@edu.xunta.es) indicando o seu nome, curso e dirección de correo electrónico ao que desexa vincular a conta da aula virtual.

 

3.2. DIFICULTADES CO EQUIPAMENTO INFORMÁTICO PARA ACTIVIDADES ONLINE

Dende as titorías do instituto estamos a consultar a todo o alumnado as súas necesidades para tentar darlles solución. No caso de ter calquera problema neste sentido, ademais de informar á persoa titora, pode enviar unha mensaxe ao correo do instituto.

 

3.3. LIBROS OU MATERIAL NO INSTITUTO

A partir do luns 13 de abril comezamos a entregar de novo material ao alumnado que o deixara no centro. En caso de necesitar recoller calquera material no centro, deberá enviarse un correo a ies.monte.vila@edu.xunta.es indicando o nome do alumno/a, curso e grupo, relación de material que solicita, ubicación detallada do mesmo (no caso de estar na súa mesa, ubicación da mesma na aula), e un teléfono de contacto. Unha vez localizado o material, indicarase a forma de recollelo seguindo as normas de seguridade indicadas polo servizo de emerxencias do Grove.

 

4. ABALARMÓBIL

Pregamos a todas as familias que, no caso de non ter instalado o abalarmobil, o instalen canto antes para poder recibir a información que enviamos a toda a comunidade educativa e para ofrecer información personalizada ás familias.

 

5. ADMISIÓN E MATRÍCULA

   Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

     Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible nesta ligazón:       Máis información sobre o proceso de admisión

   As persoas que desexen entregar a solicitude no centro deberán acudir entre o luns 11 e o venres 18 de maio en horario de 9 a 14 horas. Deben facelo mantendo unha distancia de seguridade mínima de 2 m entre elas en todo momento e seguir ás indicacións que reciban ao chegar ao centro.

Prazos

 Presentación de solicitudes:

entre o luns 11 e o venres 18 de maio de  2020

 Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo:

ata o día 26 de maio de 2020.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido:

antes do 9 de xuño de 2020.

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais

no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido:

ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula en educación secundaria obrigatoria e bacharelato:

Prazo ordinario:

do 1 ao 10 xullo.

Prazo extraordinario:

do 1 ao 10 de setembro.

 

 

 

 

 

6. MÁIS INFORMACIÓN

No momento en que recibamos máis instrucións desde a Consellería, farémoslla chegar.

 

En caso de calquera dúbida, poden enviar unha mensaxe ao correo do centro: ies.monte.vila@edu.xunta.es

 

Distribuir contido