Concurso Bateate

Ó longo do mes de Novembro o IES Monte da Vila participou nunha campaña  baixo o lema “Batéate” que inclúe un concurso de fotografía e un concurso de reportaxe audiovisual destinados a alumnos/as de 4º de ESO e de Formación Profesional e desarrollada por la Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (OPMEGA).Esta campaña tiña como obxectivo poñer en valor o oficio no sector mexilloeiro, e dalo a coñecer como unha opción laboral de futuro entre mozos que terminan os estudios obrigatorios.A dinámica do concurso consistía nun primeiro lugar no envío dos traballos por cada un dos institutos interesados e entre eles escoller unha obra ganadora de centro e unha obra accésit por centro e por categoría. En concreto, no noso centro, tódolos traballos presentados foron na categoría de fotografía e resultaron seleccionados:

  • Gañadora: Lucía Devesa Rey (4ºC)
  • Accésit: Paula Domínguez Torres (4ºC)
  • Mención especial: Nikolas Allo Salgueiro (4ºC)

Cada un dos mencionados recibiu unha camiseta como premio e a gañadora, a maiores, un cheque para gastar en fnac cun valor de 100 €.

Mostramos as fotos premiadas: