PLAN DE ENSINO VIRTUAL NO CASO DE PECHE

No caso de peche dun aula ou do centro, porase en marcha o plan de ensino virtual. A continuación expoñemos as liñas principais do mesmo.

 

O MESMO DÍA DO PECHE

 A dirección do centro enviará unha comunicación a través de abalarMóbil e publicará unha nova na web do centro.

O profesorado habilitará na aula virtual do centro os recursos e as actividades iniciais e trasladará orientación ás familias, especialmente para o alumnado de menor idade, a través da aplicación abalarMóbil ou a través da aula virtual. Estes recursos poderán remitirse aos libros de texto, a fichas específicas e a actividades en liña, entre outros.

 

HORARIO ESPELLO

O alumnado seguirá o horario espello indicado como anexo ao Plan de continxencia.

Este horario espello respectará un mínimo de 30 minutos de presencialidade efectiva por sesión, estes 30 minutos comezarán a contar tras cinco minutos despois do comezo de cada sesión para respectar os aspectos recollidos na adaptación das NOF para o ensino virtual.

 

ACTIVIDADES SEMANAIS

Semanalmente, o profesorado cubrirá a táboa de actividades semanais que poderán consultar no seguinte enlace:

 

 

 

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO (NOF)

Ademáis das NOF aprobadas o curso pasado (aquí), temos un engadido para o tratamento do ensino no caso de peche.

Adaptación das NOF para o ensino virtual



MEDIOS DE COMUNICACIÓN TELEMÁTICA

O profesorado comunicarase co alumnado preferentemente a través da aula virtual e a plataforma de videoconferencias Webex. En caso de necesidade, poden consultar os diferentes servizos dixitais educativos e o seu funcionamento no seguinte enlace:

Servizos dixitais educativos

Estamos a xestionar unhas videoconferencias para a formación das familias nestes e outros aspectos que as mesmas manifesten como necesarios.



PROTOCOLOS DERIVADOS DA SITUACIÓN DA COVID-19

Dende principio de curso temos elaborado o Plan de adaptación e o Plan de Continxencia, nos enlaces anteriores poden consultar os mesmos así como as súas actualizacións.

Xestión dos casos positivos no centro

No caso de detectarse un caso positivo, tras a realización do estudo de contactos segundo criterios establecidos polas autoridades sanitarias, comunicarémolo ás familias. Unicamente son as autoridades sanitarias as que deciden os contactos estreitos e os días de confinamento. A información que temos a día de hoxe facilitadas polas Consellería de Sanidade e Educación son as seguintes:

Carta ás familias no caso de confirmarse un caso/brote no instituto (Consellería de Cultura, Educación e Universidades)

Instrucións para un contacto estreito de caso confirmado ou probable de COVID-19 (Consellería de Sanidade)

Unha vez comunicado por parte do centro o contacto estreito (segundo instrucións de sanidade) son os rastreadores como integrantes da Central de Seguimento de Contactos, os que deben poñerse en contacto coas familias para indicarlles as instrucións pertinentes.

 

ABALARMÓBIL

Insistimos na importancia de ter habilitadas as funcionalidades de abalarMóbil por ser un medio básico de comunicación do centro coas familias.