Plan Xogade

O pasado día 18 de febreiro seguimos coas actividades do XOGADE. Esta vez tocoulle ao alumnado de 4º ESO participar nunha proba de Orientación Deportiva, modalidade SCORE.

A carreira de orientación é unha carreira individual sobre terreo variado con un percorrido concreto por unha serie de controis que o deportista debe descubrir por itinerarios elixidos por el mesmo, servíndose unicamente dun mapa e dun compás.

Para a maioría das alumnas e alumnos de 4º era un contido descoñecido, polo tanto, traballamos varias sesións previas no Instituto.

O día da xornada en Pontevedra foi escollido, xa que despois de moita choiva, estaba un día despexado e soleado e o entorno no que se celebrou a proba era incrible, ao lado do río Lérez, que nos marcaba o norte, dato importante para comezar a carreira.

Saíron por grupos e tiñan unha hora para facer o percorrido.

A proba foi organizada polo Servizo de Deportes da Consellería e o Clube Aromon de Pontevedra e todo saíu perfectamente.

Foi unha xornada moi didáctica desde o punto de vista educativo