Videoconferencia coa Antártida

Aquí tedes un anaco da entrada deste acontecemento no blog do clube de ciencia da Biblioteca onde podedes ver fotos da charla e da fauna da illa, vídeos e moito máis.

O pasado venres 31 de xaneiro, o noso instituto tivo a sorte de poder realizar una videochamada directamente coa Antártida. Alí encóntrase a base Gabriel de Castilla, situada na illa Decepción. Na videochamada un comandante e un xefe de investigación contáronnos que a pesar dese nome, a illa era todo o contrario.

Ao final da charla tivemos a sorte de que o comandante e o investigador saíron fora para ensinarnos as vistas coas que se levantan tódolos días e o que máis nos chamou a atención foi un esqueleto completo de balea que se ubicaba na praia. Ao parecer, explicáronnos que alí era moi típica a caza de baleas antes de que se prohibira.