Visita á fábrica de Nestlé en Pontecesures

O departamento de economía organizou unha visita á fabrica que Nestlé ten en Pontecesures onde producen leite condensado La Lechera. Alí puidemos coñecer a multinacional Nestlé e o funcionamento da propia sede que ten en Galicia.

Nestlé ubica a súa produción para toda Europa, Oriente Medio e África no norte da provincia de Pontevedra, segundo nos explican debido a o custe do leite que é máis baixo que noutras zonas. O leite é a principal materia prima do leite condensado, para producir un kilo de leite condensado son precisos 2,5 litros de leite fresco e 0,5 kilos de azucre, isto supón que o 50% do custo ven do leite fresco que recollen nunha área de proximidade de 62 quilómetros.