20000 LIEUES SOUS LES MERS

         
  teatro     pontesampaio  
     
     
         
 

       72 alumnos participantes de segundo e terceiro da ESO, acompañados polas profesoras Dna. Mª Sol Blanco Lamosa, Dna. Clementina García Moledo e os profesores D. Ricardo Santiago Mozos e D. Carlos Domínguez Soutullo, asistiu á representación teatral "20000 lieues sous les mers" de Julio Verne no teatro Principal de Pontevedra.

Na representación teatral comunicóusenos o amor a ciencia por parte do personaxe do profesor Aronnax, representado neste teatro por unha muller, tamén a necesidade de coidar os mares e océanos do noso planeta, onde viven tantas fermosas e abraiantes criaturas. Ao finalizar a obra os actores e actrices contestaron as preguntas do público allí asistente, moitas delas dos noso alumnado.

A saída do teatro fixeron un percorrido polos máis destacados monumentos da cidade: Casa do concello, estátua dos heroes de Pontesampaio, Biblioteca de centro Méndez Nuñez, etc.