Apertura do prazo de solicitudes de bolsas do MEFP para o curso 2018 - 2019

 

No BOE do pasado 16 de agosto de 2018 publicouse a convocatoria do MEFP para a solicitude de bolsas para o vindeiro curso 2018 - 2019: 

  • Destinatarios: estudantes que, cumprindo os requisitos establecidos na convocatoria, cursen estudos postobrigatorios (1º ou 2º de Bacharelato) ou con necesidades específicas de apoio educativo.
  • Órgano responsable da convocatoria: MEFP.
  • Prazo de solicitudes: do 17 de agosto ao 01 de outubro de 2018 para estudantes de estudos postobrigatorios e do 15 de agosto ao 27 de setembrode 2018 para estudantes con necesidades específicas de apoio educativo.
  • Forma de presentación de solicitudes: telemática a través da sede electrónica.

Para saber máis desta convocatoria poden premer na imaxe desta entrada e acceder á ligazón con toda a información ou ler un resumo da mesma no arquivo adxunto.