MATRÍCULA E PREMATRÍCULA PARA O CURSO 2017/2018

Durante as vindeiras semanas realizarase a prematrícula do alumnado do IES Monte da Vila. O sentido deste proceso é a escolla da preferencia de materias e itinerarios para organizar a oferta, grupos e horarios do curso 2017/2018.

Neste proceso participará tamén o alumnado de 4º de ESO do IES As Bizocas.

Utilizaremos para levalo a cabo os seguintes formularios en liña, que só estarán dispoñibles e activos nas datas indicadas polos titores correspondentes aínda que poidan consultarse en todo momento a título informativo. Os formularios serán impresos posteriormente para ser asinados polas familias.

O proceso de matrícula para o alumnado de 1º de ESO e o resto de cursos con todas as materias aprobadas na avaliación ordinaria comezará o día 26 de xuño. É imprescindible realizar a matrícula de todo o alumnado, incluídos aqueles que reservaran praza ou xa estiveron matriculados durante o curso anterior.

O resto do alumnado procederá a matricularse despois da convocatoria extraordinaria de setembro.

FORMULARIOS DE PREMATRÍCULA:

2º ESO

3º ESO

4º ESO ENSINANZAS APLICADAS

4º ESO ENSINANZAS ACADÉMICAS

1º BACHARELATO MODALIDADE DE CIENCIAS

1º BACHARELATO MODALIDADE DE CIENCIAS SOCIAIS

1º BACHARELATO MODALIDADE DE HUMANIDADES

1º BACHARELATO MODALIDADE DE ARTES

2º BACHARELATO MODALIDADE DE CIENCIAS

2º BACHARELATO MODALIDADE DE CIENCIAS SOCIAIS

2º BACHARELATO MODALIDADE DE HUMANIDADES