Formación e Orientación Laboral

 

Respecto da Materia de FOL, do CMSMR de 1ro curso

 

Os contidos desta módulo serán desenvolvidos a través de apuntes aportados pola profesora.

Utilizaranse tamén outros materiais aportados pola profesora ao longo do curso.

Os criterios de avaliación, cualificación e promoción son os seguintes:

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

Os criterios de avaliación mínimos esixibles do módulo son os establecidos como tal, en cada UD, no apartado "4.2.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado".

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Tratándose dun ciclo formativo impartido na modalidade ordinaria, o proceso de avaliación terá un carácter continuo e teránse en conta as actividades que o alumnado desenvolva na aula, tanto a nivel teórico como práctico, e a actitude (atención na clase, seguimento das prácticas, pro-actividade e afán de mellora, colaboración nos equipos, orden e limpeza do material, seguimento das normas establecidas no centro, respecto ao profesorado e aos compañeiros...).

O sistema de avaliación que se seguirá neste módulo basearase nos criterios de avaliación relacionados coas unidades didácticas a avaliar.

** CUALIFICACIÓNS

As cualificacións de cada avaliación parcial ou final expresaranse cun número enteiro entre 1 e 10. No caso de que a nota teña decimais, redondearase cara arriba se a parte decimal é superior ou igual a 50 centésimas.

Considérase que unha avaliación parcial ou final está aprobada cando se obteña unha cualificación igual ou superior a 5.

** AVALIACIÓNS PARCIAIS

As avaliacións parciais das sesións de avaliación trimestrais farase segundo estes criterios:

- Traballo na aula: 30% de peso na nota

- Probas de avaliación: 70% de peso na nota

A cualificación da avaliación parcial será a media arirmética da nota obtida para cada unha das UD avaliadas tendo en conta as dúas partes indicadas.

A nota expresada nos boletíns trimestrais soamente reflectirá a nota media das UD que foran impartidas enteiras nese trimestre, agás na terceira avaliación que segundo o artigo 29.3 da Orde do 12 de xullo de 2011, reflectirá a nota final do módulo para o alumnado que teña superadas todas as UD.

Para calcular a cualificación da avaliación parcial deste xeito é necesario obter un mínimo de 5 en cada unha das UD avaliadas. De non ser o caso, a avaliación parcial será calculada do mesmo xeito pero só se poderá acadar como máximo un 4.

** PROBAS DE AVALIACIÓN (70%)

Durante cada trimestre haberá unha probas de avaliación teórico-prácticas por cada unha das UD. As probas serán puntuadas de 1 a 10 con decimais e a nota final desta parte será a media artimética. 

A parte práctica das probas de avaliación intentarán facerse sobre o ordenador, utilizando as ferramentas estudadas nas distintas UD.

Dentro da proba de avaliación, a parte práctica terá maior peso que a parte teórica debido á compoñente práctica do módulo.

** TRABALLO NA AULA (30%)

Durante cada trimestre haberá actividades por cada unha das UD. As actividades serán puntuadas de 1 a 10 con decimais e a nota final desta parte será a media artimética. 

Esta nota pode ser diminuida ata un máximo de 3 puntos, e os aspectos que a poden diminuír son:

- Incumprimentos nos prazos de entrega dos traballos: a entrega fora do prazo establecido dun traballo, de xeito inxustificado, suporá unha redución de 1 punto respecto da nota obtida nese traballo sempre e cando a entrega se produza o seguinte día lectivo á finalización do prazo. Pasado o prazo indicado, o docente poderá rexeitar recoller dito traballo para efectuar a súa corrección e cualificalo cun 0. Non serán penalizados os traballos entregados fóra de prazo por causa xustificada, pero nese caso deberá presentarse un xustificante oficial da causa (cita médica, etc).

- As faltas de comportamento e/ou actitude que interfiran o desenvolvemento das clases suporán unha penalización de ata un máximo de 3 puntos na nota final desta parte correspondente á UD na que se produza a falta. Son consideradas faltas de comportamento ou actitude: a falta de material de traballo, non prestar atención ás explicacións do docente, facer intervencións ou actuacións que molesten o desenvolvemento da clase e/ou sexan molestas para os compañeiros ou docente, non adicar o horario de clase ás actividades propostas, etc. (Nas faltas consideradas graves ou moi graves terase en conta, ademáis, as disposicións do regulamento de réxime interno do centro).

- As faltas de ortografía suporán unha redución de 1 punto respecto á nota obtida nese traballo.

Esta nota pode ser aumentada ata un máximo de 3 puntos, e os aspectos que a poden aumentar son:

- Prestarse voluntario para a corrección de exercicios, resolución de retos plantexados, entrega de traballo extra, axuda a os compañeiros na resolución de actividades, proposta de temas afíns, etc.

As tarefas e traballos susceptibles de participar na construción da nota da UD levarán sempre a cualificación do traballo e a cualificación final obtida que será a tida en conta para a nota.

** AVALIACIÓN FINAL

A cualificación da avaliación final do módulo será a media aritmética das notas de cada unha das avaliacións parciais de cada trimestre, sempre e cando cada un deles estea aprobada; doutro xeito a avaliación final do módulo será como máximo dun 4.

 

Ánimo e moita sorte.

 

 

AdxuntoTamaño
programacion fol 22.23.pdf230.35 KB