ADMISIÓN EN CICLOS FORMATIVOS

Publicouse o calendario de admisión en FP en Galicia para o curso 2019 - 2020.

A solicitude será obrigatoriamente online. A aplicación para facer a solicitude estará aberta únicamente durante o período de inscrición, que será do 24 de xuño ata o 2 de xullo ás 13´00 horas.

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:

  1. Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
  2. No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
  3. Consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
  4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario

 

Enlaces ao CALENDARIO ADMISION FP e PRAZOS DE ADMISIÓN DA FP DUAL