Día das Letras Galegas

Este ano as Letras Galegas rememoran a Valentín Paz Andrade, xurista, político e escritor pontevedrés.

Paz Andrade

 

Pertenceu ao movemento galeguista nos seus inicios, sendo director do periódico "Galicia" pechado nos anos 20 polo dictador  Primo de Rivera. Presidíu o grupo autonomista  galego, núcleo do galeguismo en Vigo. Escribíu ensaios literarios, históricos e económicos, sempre amosando preocupación polo avance e progreso de Galicia. Colaborou  en "Pueblo Gallego", sendo detido en varias ocasións durante a dictadura franquista pola súa ideoloxía política. Como poeta, pertenceu á Xeración de 1925, destacando a súas obras "Sementeira do vento" e "Cartafol de homenaxe a Otero Pedraio". Asimesmo impulsou ó grupo industrial "Pescanova" en Vigo.