Información Covid-19

Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 2020-2021 

Podes consultar o plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 2020-2021 do IES Monterroso na seguinte ligazón.

Os planos de entradas e saídas do centro atópanse na seguinte ligazón.

 

Plan de continxencia do IES Monterroso

Podes consultar o plan de continxencia do IES Monterroso no contexto da Covid-19 na seguinte ligazón.

Os horarios en caso de confinamento no curso 2020-2021, pódense consultar nas seguintes ligazóns:

Horarios ESO-BAC

Horarios FP

 

  

Información ás familias

Medidas para unha volta segura ás aulas.

Enquisa de autoavaliación do Covid-19: Para amosar a nosa responsabilidade ante a situación que vivimos, todos os días debemos facer a autoenquisa.

Información Covid centros educativos non universitarios.

 

Casos positivos por covid

Estamos en constante colaboración coas autoridades sanitarias para o control da pandemia.

O proceso que se segue no caso de que se detecten casos positivos no centro é o seguinte:

 

O IES contacta con Sanidade cando se da un caso positivo nun grupo de alumnado e facilita información sobre as persoas que teñen contacto con este caso. Segundo o tipo de contacto, o IES dá dous tipos de información:


1.- 
Información sobre as “PERSOAS CON CONTACTO DIRECTO ou ESTREITO” (que serán avisadas da súa situación polo centro educativo). Estas persoas tamén van ser contactadas telefónicamente polo Centro de Seguimento de Casos (CSC). Dende alí toman a decisión de quen ten que facer corentena e dan instrucións. O confinamento mínimo é de 10 días e serán citados para facer dúas PCR (unha ao inicio do confinamento, outra ao final). Independentemente do resultado da primeira PCR, é dicir, aínda que sexa negativa, deberán permanecer confinadas porque o resultado desa primeira PCR pode ser erróneo e hai que confirmalo con outra proba ao final do confinamento. Soamente así nos aseguramos de que ningunha destas persoas contaxiará a outras. O profesorado contactará con elas para seguir co proceso formativo na distancia.


2.- Información sobre as persoas para "CRIBADO". O resto das persoas que comparten espazos co caso positivo (resto de compañeiros de clases, de transporte, ou de optativas) non son consideradas de risco e deberán seguir as instrucións que detallaremos no seu momento por abalarMóbil. O cribado serve para comprobar que o resto das persoas que compartiron espazos co caso positivo non están contaxiadas. Deste xeito nos aseguramos de que o seguimento do caso está rematado.     
Pódese dar a situación de que as persoas con menos contacto sexan chamadas primeiro que os contactos directos, isto ten unha explicación. Por unha banda, hai menos probabilidades de contaxio, polo tanto, de que sexan confinadas, polo que canto antes se incorporen ao centro educativo, mellor. Por outra banda, as citas van por unha canle distinta das “persoas con contacto directo”, que son atendidas dende o CSC, que a miúdo está desbordado polo número de casos positivos abertos.
 
En todo caso, rogamos paciencia na solución destes procesos. Poñamos por diante a saúde.Esta situación é nova para todos nós e precisa de moita coordinación entre distintos estamentos (educativo e sanitario).
 
Estamos á vosa disposición no noso teléfono de urxencias 645 389 888 para calquera dúbida ou consulta. 


Neste teléfono debedes comunicar urxentemente por whatsapp se recibides unha chamada do CSC para permanecer en corentena.