Skip to Content

8 de marzo, Día Internacional da Muller

Biblioneme conmemorou  o Día Internacional da Muller coa lectura e análise do álbum ilustrado, Pioneiras, galegas que abriron camiño, de Anair Rodríguez con ilustracións de Nuria Díaz. Á lectura, realizada na biblioteca,  asistiu o alumnado de 1º ESO e o alumnado que cursa a materia de Investigación e Tratamento da Información de 2º ESO. Coñeceron a historia de 12 mulleres, pioneiras galegas no seu eido, que decidiron superar barreiras nunha época moi difícil. Por isto debemos ser conscientes do que lles debemos e recoñecelo.

Previamente, o Equipo da Biblioteca asistiu, o 7 de marzo, á presentación que a autora fixo desta obra na libraría "Lume" da Coruña.



page | by Dr. Radut