You are hereSanidade

Sanidade


Aprendendo sobre primeiros auxilios

Outro ano máis o alumnado de 2º do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia ensina as principais técnicas de primeiros auxilios ao resto de alumnado e profesorado do centro.

Nestas ligazóns pódense ler varias novas de prensa:

Colaboración co CHOP para complementar a formación do alumnado do ciclo de Farmacia e Parafarmacia

A partir do mes de abril, o alumnado de 2º curso do ciclo de Farmacia e Parafarmacia poderá complementar a súa formación grazas a unha colaboración coa farmacia hospitalaria do CHOP.

Neste enlace podese ler a nova de prensa publicada en La voz de Galicia: "Más allá de la oficina de farmacia"

Xornadas de primeiros auxilios 2018

Volven as charlas prácticas de primeiros auxilios impartidas polo alumnado de 2º do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia que cursa o módulo de "Primeiros auxilios". Entre o xoves 18 de xaneiro e o venres 26 de xaneiro, todos os estudantes do centro recibirán unhas nocións básicas sobre como actuar en caso de ter que socorrer a unha persoa accidentada.

 

 

Actividade do alumnado de Sanidade

O alumnado dos ciclos formativos de Farmacia e Parafarmacia e de Anatomía Patolóxica asiste ás III Xornadas de Ostomías, que se organizan no salón de actos do Centro Príncipe Felipe este xoves día 5 e o venres día 6 outubro como parte das actividades complementarias que organiza o departamento de Sanidade.

Xornadas de primeiros auxilios

O luns 31 de xaneiro comezan as "Xornadas de primeiros auxilios"  impartidas polo alumnado de 2º de Farmacia e Parafarmacia baixo a coordinación do profesor do módulo "Primeiros auxilios", Paco Tobío.

Visítanos Anxo Carracedo!

O investigador e experto internacional en xenética, Anxo Carracedo, visitou a noso centro, este martes 17 de xaneiro, para impartir unha interesante conferencia baixo o título "Xenómica" ao noso alumnado da rama sanitaria.

Oferta de emprego para titulados do CS de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico

Oferta de emprego para titulados superiores da rama sanitaria da Consejería de Educación de la Junta de Castilla León. Imprescindible estar empadroados nalgún municipio desa comunidade autónoma. Prazo solicitudes entre o 17 de setembro e o 4 de outubro.

Máis información nos documentos adxuntos.

Visita do CEIP Príncipe Felipe

Alumnado do CEIP Príncipe Felipe visita as aulas do ciclo de Farmacia e Parafarmacia para coñecer como funciona unha farmacia e os diferentes pasos que hai que seguir nun laboratorio para poder elaborar un xabón ou unha crema. Moitas grazas pola vosa visita!