You are hereOrientación

Orientación


Seguimos "Intercambiando experiencias"

Como continuación do programa “Intercambiando experiencias”, o pasado 27 de marzo o grupo de 1º curso de ciclo básico de Peiteado e Estética visitou, xunto coa súa titora e a orientadora, as instalacións do CEE Pontevedra, onde foi recibido polo equipo directivo e un numero grupo de alumnos que están a cursar os programas adaptados de formación profesional.

Despois dunha actividade de presentación grupal no xardín, visitaron os tres talleres onde desenvolven os programas formativos: xardinaría, restauración e artes gráficas, e os propios alumnos explicaron qué aprendizaxes están a acadar, qué proxectos teñen cara o futuro e amosaron algúns dos seus traballos.

Con esta visita estreitáronse aínda máis os lazos de amizade entre o alumnado e ámbolos dous centros, e xa estamos desexando compartir outra nova xornada.

Intercambiando experiencias:"Ponte aínda máis guapa”

O luns día 25 de febreiro, organizouse no IES Montecelo a primeira das actividades que se desenvolverán dentro do programa “Intercambiando experiencias” que realiza o noso centro xunto co CEE Pontevedra a partires dunha proposta do propio alumnado de 1º de CB de Peiteado e Estética e que recolle un total de cinco actividades a realizar ata o mes de xuño.

Para a  actividade desenvolvida este mes, ”Ponte aínda máis guapa” , visitaron o taller de Peiteado 10 alumnas do CEE Pontevedra, que foron moi ben atendidas polo grupo de 1º de CB de Peiteado e Estética. Debemos destacar o clima de camaradería e o bo ambiente que se xerou entre os dous grupos, que xa están desexando compartir novas experiencias.

Este programa  recolle entre outras actividades unha visita ás instalacións do CEE para coñecer como traballan os alumnos do programa adaptado de Cociña e restauración e a lectura de contos infantís ao máis pequenos do centro.

 

Programas de Cualificación Inicial Profesional (P.C.P.I.)

No documento adxunto faise unha descripción xeral dos P.C.P.I. que actualmente se están a desenvolver no noso centro. Todos os perfís correspóndense coa modalidade A, é dicir, formación académica e laboral no mesmo centro.

Listaxes provisionais das probas de acceso a ciclos medios

O día 16 de marzo saíron publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos ás probas de acceso ós ciclos medios. Ábrese un prazo para presentar recramacións no caso de detectarse algún erro (días 17,18 e 22 de marzo). As listaxes poden consultarse no taboleiro do centro e na páxina web da xunta

Lugares e data para a celebración da proba de acceso a ciclos superiores

nesta páxina atoparás as instruccións, data, horarios e lugar de celebración da proba de acceso a ciclos superiores

Acceso a ciclos medios

do 1 ó 12 de marzo estivo aberto o prazo para inscribirse nas probas de acceso a ciclos medios.

Acceso a ciclos formativos de grao medio

Xa está publicada a convocatoria de probas para o acceso a ciclos formativos de grao medio para todas aquelas persoas que non teñan a titulación académica requerida para cursar estes estudos.

Acceso á universidade dende os ciclos superiores

No curso 2010-2011 comeza a funcionar un novo sistema de acceso á universidade dende as titulacións de técnicos superiores. Infórmate xa e esquécete dos antigos accesos por cupos