RECOLLIDA DE TÍTULOS

Esta semana enviamos unha mensaxe aos teléfonos  do alumnado que xa pode recoller o seu título/s na OFICINA do centro en horario de atención ao público ( de 09:00 a 14:00 h)

Deberedes traer o voso DNI ou NIE en vigor.

 

 

INSCRICIÓN PROBA DE ACCESO A GRAO SUPERIOR convocatoria 2018

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A CONVOCATORIA

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN TELEMÁTICA https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do

 

Prazo presentación solicitudes: do 8 ao 23 de febreiro de 2018

 

Cursos preparatorios das probas Celga 1, 2, 3 e 4

MÁIS INFORMACIÓN:

 

Cursos preparatorios das probas Celga 1, 2, 3 e 4

Resolución do 25 de xaneiro de 2018 da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).

PRAZO: Prazo de presentación de solicitudes do 7 ao 26 de febreiro
 
 

Adiós a las altas temperaturas de los coches aparcados al sol

Presentouse ante os medios de comunicación o proxecto de innovación  "Climóbil Solar"realizado polo alumnado da FP Básica de Transporte e mantemento de vehículos. Neste enlace pódese ler a nova de prensa.

Novo curso AFD da familia profesional de Agraria

O IES Montecelo participa nas accións formativas dirixidas prioritariamente a desempregos (AFD), impartindo un curso que permitirá a obtención das cualificacións profesionais:  Instalacións e mantemento de xardíns e zonas verdes. Nivel 2

 

 A data de seleccion de candidatos será o 7 de febreiro no IES Montecelo e o curso iniciará o 20 febrerio. Está destinado a menores de 30 anos.

 As persoas interesadas poden informarse nas oficinas do SEPE.

Semana de torneo e recollida solidaria

Esta semana, dous grupos de alumnos están a por en marcha o seu proxecto efímero para o módulo de EIE. Salva, Miguel, Anxo, Estefanía, Moisés e Elías organizan o torneo "Fifa for fun" no que participarán unha veintena de alumnos co obxectivo de gañar a copa de campión. Por outra banda, Cristina, Fátima e Sara están a levar a cabo unha recollida solidaria de alimentos, revistas e libros e a cambio da participación regalan unha piruleta. Parabéns aos dous grupos por poñer en marcha os dous proxectos.

 

Finanzas para mortais

O xoves 25 de xaneiro e o 2 de febreiro, o alumnado de 2º curso dos ciclos formativos asiste ás conferencias tituladas "Como labrarme un futuro?" dentro do programa Finanzas para mortais. O relator, Miguel Albaladejo, explica as diferenzas entre ser asalariado e autónomo e as distintas formas de financiamento para autoempregarse.

Xornadas de primeiros auxilios 2018

Volven as charlas prácticas de primeiros auxilios impartidas polo alumnado de 2º do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia que cursa o módulo de "Primeiros auxilios". Entre o xoves 18 de xaneiro e o venres 26 de xaneiro, todos os estudantes do centro recibirán unhas nocións básicas sobre como actuar en caso de ter que socorrer a unha persoa accidentada.

 

 

Peludos invisibles: proxecto solidario

Fabián, María e Raquel cumpriron os obxectivos do seu proxecto efímero titulado "Peludos invisibles" vendendo os 100 chaveiros cun fin solidario: doar as ganancias á protectora canina de Sanxenxo. O proxecto estaba programado para a semana do 15 ao 19 de xaneiro, pero en dous días lograron vender todo. Parabéns emprendedores!