Presentación de proxectos integrados

Dende o mércores 9 ata o xoves 17 de marzo, o alumnado de 2º do ciclo superior de Produción en artes gráficas presenta os proxectos elaborados no módulo "Proxecto integrado".

 

Visitas técnicas do alumnado da familia de Sanidade

O alumnado do ciclo de grao superior de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico desprázanse hoxe, xoves 10 de marzo, ao Hospital Álvaro Cunqueiro para visitar o microscopia electrónico. Ademais o alumnado do ciclo medio de Farmacia e parafarmacia visita as instalacións do servizo de farmacia hospitalaria do CHOP.

Recollida de títulos

Infórmase que están dispoñibles os títulos académicos do alumnado que rematou os estudos e fixo o depósito de título no ano 2013.

Visita a empresas do sector gráfico

O alumnado do ciclo medio de Preimpresión dixital visitou dúas empresas do sector das artes gráficas: Uniter e Tórculo o luns 29 de febreiro.

III Encontro Gráfico

En media hora comeza a III edición dos "Encontros Gráficos" no salón de actos do centro cos ponentes Daniel Rodríguez e Per Rueda.

Colaboración da FP básica de Agroxardinería co proxecto europeo ECONewFarmers

Alumnos do FPB de Agroxardinería e composicións florais testearán os contidos e ferramentas dun curso de formación e-learning de Introdución á Agricultura Ecolóxica.

ECONewFarmers é un proxecto pertencente ao Programa Lifelong Learning da Unión Europea que é impulsado polo Instituto Politécnico de Viseu (Portugal) e universidades e entidades de promoción da agricultura ecolóxica de Hungría, Eslovaquia, Reino Unido, Italia, Turquía e España.

 

 

Charla de educación vial

O luns 29 de febreiro, o noso alumnado de FP básica recibe unha charla de educación vial grazas á colaboración da policía local de Pontevedra.

V Xornadas de Primeiros Auxilios

A semana do 22 ao 26 de febreiro, o alumnado que cursa 2º do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia, coordinados polo docente Paco Tobío, imparte charlas de primeiros auxilios para amosar os coñecementos adquiridos no módulo “Primeiros Auxilios” ao resto de alumnado do centro. 

Entroido 2016

O venres 5 de febreiro celebramos o entroido "Indios e vaqueiros" a partir das 12.20 horas. Haberá concurso de disfraces, concurso de repostería e concurso de karaoke.